Datos coronavirus Galicia: segue a leve mellora aínda que o virus xa causou 8 mortes nun só día


Salvo en Pontevedra, onde o covid-19 está a provocar máis de 30 positivos novos cada día, a tendencia da pandemia en Galicia é á baixa, moi lentamente, pero á baixa. As consecuencias dos rebrotes estivais están a notarse cada vez máis nas cifras de decesos, con 27 decesos na última semana, 8 onte. 


|

Salvo en Pontevedra, onde o covid-19 está a provocar máis de 30 positivos novos cada día, a tendencia da pandemia en Galicia é á baixa, moi lentamente, pero á baixa. As consecuencias dos rebrotes estivais están a notarse cada vez máis nas cifras de decesos, con 27 óbitos na última semana, 8 onte. 


Galicia conta hoxe  209 novos enfermos de coronavirus. É o resultante de 17 casos activos menos, 8 mortes e 218 altas. 


O SERGAS segue sen facilitar o dato oficial de novos positivos, hai que calculalo a partir da serie histórica doutros indicadores.



DATOS ESPERANZADORES PERO MENOS FIABLES

Son xa tres xornadas consecutivas que as curacións superan amplamente aos diagnósticos. Tendencia xamais observada desde que empezaron os rebrotes estivais.


Con todo, a mellora de hoxe hai que collela un pouco por pinzas.  A Xunta realizou onte bastante menos test dos que viña facendo, o que loxicamente tende a reducir a cantidade de positivos e a fiabilidade dos datos. Fixo unhas 3.500 PCRs, cando a media anda nunhas 4.400 probas. 


Cando se fan menos probas, é lóxico atopar máis porcentaxe de positivos, pois en teoría fanse máis proporción de probas a persoas con síntomas. Así foi onte. A taxa de positividade rebotó ata o 6% tras dous días por baixo do 5%, que é o máximo indicado pola OMS para estimar que un foco pode estar en vías de ser controlado.


Dado que as cifras dun día concreto poden ser enganosas, especialmente as dominicais, é máis significativo comprobar a evolución dos indicadores, que se poden consultar nas medias móbiles a sete días accesibles no menú despregable deste gráfico actualizado a diario por Galiciapress:





A media de novos positivos diarios segue co seu lentísimo descenso. Cada día aparecen de media semanal 242 contaxiados en Galicia (1 menos que o domingo).  A pesar do mal dato de positividade de onte, a media semanal tamén descende un pouco ata o 5,59%, a penas catro céntesimas menos que onte. 


Así as cousas, a tendencia observada en os indicadores máis significativos a curto prazo segue mostrando un COVID-19 en retirada constante, aínda que extremadamente lenta, debido principalmente aos malos datos da área de Pontevedra.


Pódese afirmar que Galicia dobrou de rebrotes estivais? Case, pero non de todo. 



A media móbil a sete días da porcentaxe de cambio diario aínda reflicte un incremento, aínda que afortunadamete mínimo, só un 0,1% . Onte os casos activos baixaron un 0,4%. 


De non haber sorpresas coas cifras de mañá, a media móbil a sete días do % de cambio diario debería volver poñerse en valores negativos, algo que non pasaba desde finais de xullo, cando reapareceron os problemas .




FALECEMENTOS, UCI E HOSPITALIZACIÓNS

As consecuencias daqueles rebrotes estivais vémolas cada vez máis nas cifras de falecidos. Este verán, o récord de mortes por día era cinco; onte houbo 8 decesossegundo as cifras oficiais do SERGAS.


Dos máis de 4.200 enfermos hoxe en Galicia, 28 están en UCI (dós máis que onte), 221 en unidades de hospitalización 8os mesmos que onte) e 4.015 non domicilio (19 menos que onte). 


Afortunadamente, parece que o sistema sanitario segue sen correr perigo a medio prazo, coa penas un 3% de camas ocupadas por esta doenza, a pesar do constante goteo de novos ingresos en UCI.





IN2IO coronavirus en galicia evoluci n recente nbsp



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE