Policía Local de Vigo desaloxa unha quedada con centos de mozos e un restaurante con 200 persoas por violar as normas anti-Covid

A Policía Local de Vigo tivo que actuar en diferentes puntos da cidade durante esta madrugada polas queixas de cidadáns debido a festas e aglomeracións, que incumprían os protocolos e medidas sanitarias pola COVID-19.

|

A algúns parece que nos lles importa que ducias de galegos estean na UCI produto dos rebrotes estivais e seguen saltándose as restricións para frear o coronavirus.


A Policía Local de Vigo tivo que actuar en diferentes puntos da cidade durante esta madrugada polas queixas de cidadáns debido a festas e aglomeracións, que incumprían os protocolos e medidas sanitarias pola COVID-19.


DEZ FESTAS

En total, segundo trasladan fontes policiais a Europa Press, atenderon polo menos 10 requirimentos por festas en pisos, que se disolveron sen incidentes.

Uno dos casos máis rechamantes foi o dun evento de inauguración no restaurante Candeán, que chegou a xuntar máis de 200 persoas sen máscara e sen gardar as distancias de seguridade.


PARQUE DE BEADE

Doutra banda, sobre as 00,30 horas, a Policía Local detectou unha quedada cun centenar de vehículos e preto de 33 persoas no parque forestal de Beade, que terminou por disolverse.


Parque forestal de Beade preto de Vigo nunha imaxe de Google Street View

Pista á beira do Parque Forestal con claros signos de 'trompos', nunha imaxe de Google Street View


Segundo engaden as mesmas fontes, cada vez son máis habituais as denuncias de particulares por congregacións de mozas e vehículos nas zonas rurais, e ruídos por freadas e coches a velocidade inadecuada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE