Outro incidente con orcas na costa galega: embisten un veleiro ata deixalo sen temón
Efectivos de Salvamento Marítimo acudiron ao auxilio dunha embarcación que foi arremetida por varias orcas fronte á costa galega.
É, que se saiba, a terceira vez que este verán os cetáceos causan problemas a embarcacións na costa galega. A finais de agosto acometeron contra un veleiro e un buque da armada. Hoxe danaron o temón doutro veleiro á saída da Ría de Ferrol. Tamén víronas pola Ría de Muros e Noia.
Imaxe de arquivo de orcas
O veleiro 'Beautiful Dreamer', con tres tripulantes de nacionalidade finlandesa e británica, acababa de saír do porto de Ferrol, e sufriu unha acometida destes animais a unhas seis millas de Cabo Prior.
REMOLCADO ATA CORUÑA
A causa do impacto, o temón da embarcación quedo danado e víronse obrigados a solicitar o apoio a Salvamento Marítimo.Finalmente, acudiu ata a zona a Salvamar Betelgeuse, que executou as tarefas de remolque ata o porto da Coruña.
Escribe o teu comentario