Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.
Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.
Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).
Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.
Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.
José Luis Fernández Carnicero
Profesor
Son tantos os cambios que estamos a vivir que o conceito da existencia está a mudar de súpeto. Por iso repaso con curiosidade outras etapas históricas e non encontró cousa máis preocupante que o propio ser humano na súa imposibilidade de resolver pandemias, pestes ou plagas. E desde esta situación xurden multitude de pensamentos e filosofías que fenden as mentes desta sociedade para controlar conductas, conciencias e liberdades. Ao falar de existencialismo pensamos quase de inmendiato no danés Kierkegaard, o unas obras de Sartre, Kafka ou Albert Camus. Porén, non pretendo falar de ningún deles, senon reflexionar no tempo que temos por diante, para seguir potenciando un individualismo continxente á nosa sociabilidade existencia e innata. Cando a existencia se concibe antes da esencia e a liberdade está directamente relacionada co pensamento persoal, a sociedade ven a ser unha confluenza de individuaos creos, supostamente, de responsabilidade e emocionalmente preparados para ser libres. Como alcanzar este obxectivo?. Pois voltemos á realidade cun exemplo práctico e falemos do que en concreto nos interesa. Moito temo que agora que nos centros de ensino non podemos nen compartir unha caneta, poderíamos chegar a ser illas volcánicas que aparecen de xeito expontáneo no océano. E iso vai depender do tempo que permanezamos neste estado hostil. A nova filosofía da existencia terá que determinar se estamos todos trabucados e esa illa que xurde, estaba por descubrir e era de orixe coralino. Hai que ter isto en conta.
Por existencia entendemos o día a día. Os medos de fazer visitas ás persoas maiores, aínda que precisen da nosa axuda, crea-nos un novo tipo de ansiedade que era pouco coñecida. Os temores de enviar aos nenos e nenas á escola, ou a imposibilidade de que xoguen xuntos nos parques, muda por completo os modelos pedagóxicos e fai que poidamos escoitar os ecos do “Emilio” de Rousseau. Todo iso está provocado pola incertidume de ser atacado por un enimigo invisível, un microorganismo que dinamita as relacións humanas e que logra en muitos casos que as depresións sexan cada vez máis comúns.
As familias notarán os cambios cando os pais xoguen máis cos seus fillos, ollen os seus traballos e descubran que o materialismo que parecía imparavel, debilitaba o enxeño e producía separacións
Por outra parte todo pode ser unha oportunidade para fazer eses cambios necesarios, que o sistema nunca permitiría fazer. Estou a falar dun importante avance educativo que deixa estacionados os currículos interminaveis, e se ocupa de traballar as relacions persoais, sen abrazos, nen beixos e cunha seguridade e un protocolo para a saúde. Será esto posivel sen compartir, e co grado de individualismo que falabamos antes?. Penso que a resposta está en que os mestres e profesores dedicarán máis tempo en falar cos seus alumnos, para descubrir os seus intereses e aficións. A Xunta accedeu aos desdobles dalgúns cursos numerosos ( non foi sen tempo!), pero benvidos sexan, e con grupos pequenos, a calidade do ensino mellorará exponencialmente. Tamén as familias notarán os cambios cando os pais xoguen máis cos seus fillos, ollen os seus traballos e descubran que o materialismo que parecía imparavel, debilitaba o enxeño e producía separacións.
Non sabemos canto tempo estaremos nesta situación, pero coa axuda das novas tecnoloxías, e conscientes da nova filosofía da existencia, podemos transformar a incomodidade e o sufrimento nunha sociedade cargada de novos proxectos de vida e xustiza. A esperanza é o último que podemos perder.
Escribe o teu comentario