Van doce brotes esta semana na provincia de Ourense, o último en Riós

As autoridades sanitarias han informado este sábado da detección dun novo brote de COVID-19 no municipio ourensán de Riós e que afecta a tres casos.

|

As autoridades sanitarias  informan este sábado da detección dun novo brote de COVID-19 no municipio ourensán de Riós e que afecta a tres casos. Son por tanto 12 os brotes contabilizados na provincia desde o luns, a maioría na capital e nos municipios lindeiros.





En concreto, segundo fontes da área sanitaria ourensá, as afectadas son tres mulleres, unha de 66 anos e outras dúas de 64.


Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR


Por outra banda, informaron de que o brote activo do barrio de Mariñamansa, en Ourense, ascende a 29 casos, tras a detección dun novo contaxio, un home de 29 anos. Hai días xa que os contagios novos relacionados con este brote son uns poucos cada día, polo que parece en vías de ser controlado.



NON REUNIRSE CON PERSOAS NON CONVIVENTES 

Por outra banda, o brote que se orixinou nunha reunión entre amigos no Carballiño (Ourense) tamén rexistra un novo positivo, un mozo de 19 anos, co que xa son 16 os afectados.

Precisamente dadas as xornadas da fin de semana, a área sanitaria de Ourense lembrou a importancia de ser prudentes e limitar as celebracións e reunións con persoas non conviventes, principal orixe dos brotes que se están detectando.



UT5uV casos activos de covid 19 no rea sanitaria de ourense (3)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE