Messi cambia de estratexia e agora di que quedará no FC Barcelona
O dianteiro arxentino argumenta que xamais levaría a xuízo ao club que ama, tras negarse Bartomeu a que salga sen pagar os 700 millóns de clásula.
O dianteiro arxentino argumenta que xamais levaría a xuízo ao club que ama, tras negarse Bartomeu a que salga sen pagar os 700 millóns de clásula.
Leo Messi queda no FCB. Tras varias semanas de balbordo, o xogador arxentino parece decidir quedar no club no que leva 20 anos.
O xogador xa fixo pública a súa decisión de non irse do club blaugrana este ano para evitar ir aos xulgados. "Nunca iría a xuízo contra o club que amo", asegurou Messi. O arxentino de 33 anos tamén dixo que no FCB xa non hai proxecto e que considera que é momento de que entren xogadores máis novos.
"Díxenlle ao club, sobre todo, ao presidente, que me quería ir. Lévollo dicindo todo o ano. Cría que era o momento de dar un paso ao costado. Cría que o club necesitaba máis xente moza, xente nova e pensaba que se terminou a miña etapa en Barcelona sentíndoo moitísimo porque sempre dixen que quería acabar a miña carreira aquí".
Escribe o teu comentario