O brote na residencia DomusVi de Lugo agrávase con 21 contagios máis
O centro dispón de 178 prazas para persoas depedientes, en cuartos dobres, segundo cifras oficiais da Xunta. Estarían contaxiados pois aproximadamente o 21 por cento dos anciáns que alí viven.
As residencias de maiores galegas rexistran este martes un total de 215 casos activos de COVID-19 --27 máis que o luns--, dos que 164 son usuarios e outros 51, traballadores. Ademais, os contaxiados na residencia DomusVi Lugo, no municipio de Outeiro de Rei, incrementáronse en 21 na última xornada, ata contabilizar 39 anciáns e cinco traballadores con coronavirus.
Hai que lembrar que DomusVi sufriu algún dos peores brotes na primeira onda. As súas residencias de Aldán (Cangas), Barreiro (Vigo) e San Lázaro (Santiago) superaron os cen contagios e houbo ducias de falecementos. A multinacional é o principal operador privado con ánimo de lucro de Galicia tras facerse cos centros que no seu día pagaron as caixas de aforros.

Imaxe de DomusVi Lugo nunha foto de Google Street View
O INCIO TEN CASE 90 ANCIÁNS ENFERMOS
O número de usuarios de xeriátricos que contraeron a enfermidade, segundo os últimos datos ofrecidos polas consellerías de Sanidade e Política Social, ascende a 138 este martes. O principal foco mantense na residencia do Incio (Lugo), intervida pola Xunta, con 89 infectados e sete falecidos.
Ademais deste centro, segundo a actualización realizada con datos de última hora deste luns, a residencia Orpea Coruña, en Culleredo detectou outros seis positivos e dúas altas entre usuarios, co que a cifra de infectados é de 33. Tamén soben, nun, os maiores contaxiados en a DomusVi Lalín, que acumula tres casos.
TRABALLADORES ENFERMOS EN DUCIAS DE RESIDENCIAS
En canto ao persoal destas instalacións, hai 51 empregados que contraeron a enfermidade, tras detectarse tres casos positivos e eliminarse outros dous da lista --un alta e un infectado incluído por un erro nos datos notificados polos centros, segundo explica a Xunta--.
Así, o principal foco entre os persoais de traballadores de residencias aínda se atopa no Incio, que continúa con 27 casos de coronavirus. Á parte destes, hai cinco en DomusVi Lugo, outros cinco en Orpea Coruña e tres en DomusVi Lalín --uno menos que notificouse por erro--.
Así mesmo, hai cinco en DomusVi Lugo, outros cinco en Orpea Coruña, catro en DomusVi Lalín e os casos individuais na residencia DomusVi de Monforte (Lugo); na residencia de Oleiros (A Coruña); en residencia de Paradela (Lugo); residencia de San Bartolomeu, en Xove (Lugo); residencia DomusVi de Barra de Miño, en Coles (Ourense); residencia Volta do Castro, en Santiago; residencia Vos Terzos, en Touro (A Coruña); residencia Nosa Señora do Socorro, en Arnoia (Ourense); residencia de Vilar de Barrio (Ourense); residencia Santiago Apóstolo de Vilamarín (Ourense); e no CRAPD Vigo II.
TRES CASOS EN CENTROS DE DISCAPACIDADE
Nos centros para persoas con discapacidade, mantéñense en tres os traballadores con COVID-19: un na residencia Ricardo Baro de Aspronaga, en Oleiros (A Coruña); outro na residencia da Braña, na Estrada (Pontevedra); e un terceiro na residencia As Flores, en Ourense.
Escribe o teu comentario