A Caixa e a fundación María José Jove abren este 1 de setembro a inscrición para o programa 'Esforza Inverno'
As fundacións María José Jove e A Caixa, en colaboración con CaixaBank, abren o vindeiro martes, 1 de setembro, o prazo de inscrición para a súa nova edición de 'Esforza Inverno', que se desenvolverá entre o 5 de outubro e o 20 de xuño.
"Respectando todas as medidas oportunas de control e prevención da transmisión do COVID", precisan. As inscricións deberán efectuarse a través da web www.fundacionmariajosejove.org.
Dirixido fundamentalmente a persoas con diversidade funcional, Esforza Inverno 2020-21 promociona a práctica da actividade física a través de diversas modalidades deportivas "cun obxectivo de marcado carácter terapéutico-rehabilitador propiciando a autonomía persoal do participante en cada unha das actividades".
Pola situación sanitaria actual, os grupos serán máis reducidos, aínda que se manterá o espírito habitual do programa. Nesta edición, ás actividades habituais, como vela, piragüismo, sendeirismo e pesca viva, súmase como novidade a de acondicionamento físico.
"Co fin de ofrecer resposta ás necesidades físicas dos usuarios derivadas das circunstancias excepcionais xeradas pola COVID-19", engaden.
Escribe o teu comentario