Máis dun milleiro de alegacións dos veciños da comarca de Ordes contra o proxecto de GESUGA

Veciños da comarca de Ordes (A Coruña) presentaron máis dun milleiro de alegacións en contra do proxecto de ampliación da Xestora de Subproductos de Galicia (Gesuga), que se dedica á recollida e tratamento de animais mortos.

|

Como xa advertiu a plataforma ‘Salvemos a comarca de Ordes’ o proxecto de ampliación da empresa de recollida e tratamento de produtos cárnicos non foi ben acollido por todos os veciños da zona.


A intención da compañía é a ampliación en Cerceda dunha planta de 104.000m2 para xestionar residuos cárnicos e reses mortas procedentes de varias comunidades e da veciña Portugal para a creación dunha liña de produción de pensos para mascotas. Con todo, as consecuencias ambientais e as molestias que esta actividade xeraría aos veciños poden terminar por dar marcha atrás ao proxecto. 


Gesuga

A planta de GESUGA, en Cerceda


Veciños da comarca de Ordes (A Coruña) presentaron máis dun milleiro de alegacións en contra do proxecto de ampliación da Xestora de Subproductos de Galicia (GESUGA), que se dedica á recollida e tratamento de animais mortos.


Veciños e entidades da comarca como Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta e a Asociación Salvemos a Comarca de Ordes mobilizáronse nas últimas semanas para preparar estas alegacións e entregalas en rexistros municipais.


GESUGA solicita ao Concello de Cerceda ampliar máis de 100.000 metros cadrados as súas instalacións para traer a tratar en Galicia reses mortas do norte de España e Norte de Portugal


Pola súa banda, veciños denuncian "cheiros insoportables" e posibles consecuencias para a saúde que lles preocupan.

Nas alegacións recóllese que "as actuais instalacións de GESUGA non se axustan á lexislación e a normativa urbanística en vigor, o que se considera un dos motivos polos que o plan do Concello de Cerceda non pode ser modificado para este fin".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE