A obrigatoriedade de vacinar á poboación contra o coronavirus queda en mans de cada Estado, segundo a OMS
A pesar de ser declarada como pandemia mundial e aínda con todos os países metidos de cheo na carreira por atopar canto antes unha vacina efectiva e capaz de prestar combate contra a Covid-19, a Organización Mundial da Saúde admite que non está na súa man a decisión de se a poboación mundial debe ou non debe recibir a vacina, algo que só depende dos Gobernos de cada país.

Desta forma, podería existir un perigoso baleiro, xa que os negacioncistas e conspiranoicos, aqueles que negan a existencia da enfermidade, poderían, de non recibir a vacina –a condición de que esta chegue a desenvolverse– converterse no principal foco de contaxio da enfermidade.
"Na organización o que queremos é fomentar a aceptación voluntaria da vacina, así como o comportamento das persoas para que busquen obtela. Queremos que as persoas entendan os beneficios das vacinas e a súa calidade, máis aló de que sexa algo requirido ou mandatorio", subliñan desde a OMS.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario