O brote de Arteixo mellora ao detectarse só dous novos positivos, aínda que en toda a área da Coruña houbo 5 máis

Dos 150 contaxiados que hai na área sanitaria, 49 son do foco xurdido dun ximnasio e unha discoteca. O SERGAS destaca que os positivos deste rebrote están a baixar, aínda que se manteñen os aparentemente non relacionados con el.


|

Dos 150 contaxiados que hai na área sanitaria, 49 son do foco xurdido dun ximnasio e unha discoteca. O SERGAS destaca que os positivos deste rebrote están a baixar, aínda que se manteñen os aparentemente non relacionados con el.


O brote de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado na poboación de Meicende, no termo municipal coruñés de Arteixo, suma dous novos positivos, que elevan a 49 os contaxiados. 





No conxunto da área sanitaria houbo sete positivos, polo que se deduce que cinco casos detectados alí non teñen relación con este foco, ou o SERGAS non a logrou establecer aínda. En toda a área hai un hospitalizado máis en planta e un na UCI. Sanidade non informou se teñen que ver co foco de Arteixo.


A Xunta destacou que "evoluciona favorablemente" ao contabilizar "tan só dous novos casos nos dous últimos días, unha vez realizados os rastreos e estudos correspondentes".



TRANSMISIÓN FAMILIAR PERO TAMÉN CASOS SEN RELACIÓN

As mesmas fontes indicaron que "segue detectándose algún caso relacionado coa contorna familiar de positivos detectados con anterioridade, así como algún caso illado". d


O seguimento dos contactos relacionados con este brote rexistrado en Meicende e as súas ramificacións levou a realizar 350 PCR este luns, puntualizaron as mesmas fontes. 


CAE A TAXA DE PCR POSITIVOS

Isto implica que a taxa de positividade foi só do 0,57, significativamente menor que a rexistrada no conxunto de Galicia. O SERGAS está a centrar na Coruña os seus esforzos analíticos. Dos 931 PCR que fixo onte en Galicia, case o 40% dedicáronse a tratar de delimitar o brote coruñés.

Ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".


ORIXE DO FOCO
A orixe do brote sitúase nun usuario dese ximnasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, no municipio de Oleiros (A Coruña), local que foi pechado hai días.

No centro de adestramento situado en Meicende suspendéronse as clases, pero o rastrexo dos contactos realizado pola área Sanitaria da Coruña e Cee orixinou a detección destes novos casos, que xa están illados e en seguimento domiciliario.

Uno dos positivos é o dun vixiante do centro cívico de Monte Alto, usuario tamén do ximnasio, así como traballador do matadoiro municipal da Coruña.


PECHES NA Laracha

Por mor dos casos detectados vinculados con este brote pecharon como medida preventiva dous bares da localidade coruñesa da Laracha. Un deles colgou un aviso en redes no que informa de que pecha "como medida cautelar" tras contaxiarse dúas persoas "da contorna". E outro establecemento indica que o fai "polo ben e a seguridade de todos os clientes". s


Este brote supón o segundo con máis casos dos detectados en Galicia, superado polo que obrigou a pechar a comarca da Mariña lucense, con máis dun centenar de infectados por COVID-19.

Por parte das autoridades sanitarias insisten nas medidas de prevención para evitar contaxios como o uso de máscara, evitar reunións de máis de 10 ou 15 persoas e lavarse as mans con frecuencia.


C4twL





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE