As peñas do Deportivo colapsan o tráfico na Coruña en defensa da permanencia do club

Unha manifestación en coche convocada para a tarde deste venres pola Federación de Penas en defensa da Deportivo causa importantes colapsos nalgúns dos accesos á cidade da Coruña.


|

O deportivismo aférrase ao polémico comportamento de LaLiga e do CF Fuenlabrada para tentar lograr a permanencia.


Unha manifestación en coche convocada para a tarde deste venres pola Federación de Penas en defensa da Deportivo causa importantes colapsos nalgúns dos accesos á cidade da Coruña.


Peu00f1as do deportivo




En concreto, a marcha iniciouse sobre as 20.00 horas desde a chaira de Riazor, coa intención de chegar á delegación da Federación Galega de Fútbol. No seu avance, provocaron unha importante retardación da circulación e numerosos atascos nalgunhas vías importantes, segundo informan desde o departamento de tráfico.

A manifestación foi convocada esta semana pola Federación de Penas a raíz do caso do Fuenlabrada e para "expresar o pleno rexeitamento ás agresións sufridas desde hai unha semana polo Deportivo por parte dos organismos estatais do fútbol", segundo reza a convocatoria.


Vehu00edculo que particiu00f3 na manifestaciu00f3n







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE