Un foco nun ximnasio de Arteixo provoca un brote de 17 casos confirmados de coronavirus

|

O positivo en coronavirus dun usuario dun ximnasio situado no núcleo de poboación de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, orixinou un brote de 17 casos máis, segundo informou a área Sanitaria da Coruña.


Ximnasio


A orixe do brote sitúase nun usuario dese gimmasio que tamén traballa de porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), local que xa foi pechado o pasado xoves.


Pola súa banda, no centro de boxeo situado en Meicende suspendéronse as clases, pero o rastrexo dos contactos realizado pola área Sanitaria da Coruña orixinou a detección de 17 casos máis, que xa están illados e en seguimento domiciliario.


En calquera caso, as autoridades sanitarias afirman que, ante a posibilidade de novos contagios, "está a ampliarse o círculo de contactos, co obxectivo de limitar o risco novas infeccións, e tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables nesta situación".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress