Galicia é a segunda comunidade coas pensións máis baixas: os nosos pensionistas ingresan 860,18 euros de media

O número de pensionistas galegos é de 764.076, un 0,19% menos que no mesmo mes de 2019

|

Só Estremadura, con case 18 euros menos de media, ten unhas pensións máis pobres que as galegas. 


Con todo, e a pesar de manterse como a segunda máis baixa a nivel nacional, no último ano as pensións subiron un 2,27%. 


Pensións




A pensión media en Galicia subiu un 2,27% en xullo respecto ao mesmo mes de 2019, ata alcanzar os 860,18 euros, pero mantense como a segunda máis baixa de España, só superada por Estremadura (842,55 euros).

Así se desprende dos datos publicados este martes por o Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións, que detalla que o número de pensionistas, ao 1 de xullo, situábase en 764.076 persoas, o que representa un 7,82% sobre o total nacional e supón un descenso do 0,19% en relación ao mesmo mes do ano anterior.

Por provincias, na da Coruña, o número de pensións ascende a 299.109, un 0,07% máis que o xullo de 2019, e cunha media de 905 euros un 2,23% máis. Na de Lugo, son 115.218 pensións, cun descenso do 1,06%, e unha media de 766,50, o que supón un aumento do 2,44%. Na de Ourense, o número de pensións sitúase en 107.245, un 0,9% menos, cunha medida de 743,96 euros, un 2,19% máis. No caso de Pontevedra, con 249.504 pensións, un 0,23% máis, a pensión media está en 900,81 euros, un 2,16% máis.


DISTRIBUCIÓN POR PENSIÓNS

Por incapacidade permanente en Galicia o número de pensións ascende a 69.457, cunha pensión media de 891,28 euros; a de xubilación sitúanse en 478.731, cunha media de 978,56 euros. Ademais, hai un total de 185.744 pensións de viuvez, con 612,76 euros de media. As pensións con complementos a mínimo ascenden nesta autonomía a 227.063

No caso da Coruña, as de incapacidade permanente ascenden 25.563; na de Lugo, a 10.585; na de Ourense, a 10.859; e, na de Pontevedra, a 22.467, cunhas contías medidas de 896,58 euros, 871,76 euros, 906,08 euros e 887,28 euros, respectivamente.

Nas de viuvez, na provincia da Coruña hai un tota de 74.315, con 52,37 euros de media; 28.178 na de Lugo, con 525,98 euros: 25.099 na de Ourense, con 535,16 euros; e, por último, en Pontevedra, hai un total de 58.152 pensións deste tipo, cunha media de 637,69 euros.

No caso das de xubilación, ascenden a 187.397 na Coruña; en Lugo, 72.423; na de Ourense, 67.285 e na de Pontevedra, 151.626, cunhas pensións medias de 1.035,66 euros e 863,92 euros no caso das dúas primeiras e de 814,39 e 1.035,91 euros, respectivamente, no caso das segundas.


A NIVEL ESTATAL

No conxunto do Estado, a Seguridade Social destinou este mes de xullo 9.882,6 millóns de euros ao pago de pensións contributivas, case un 2,3% máis que no mesmo mes de 2019 e un 0,2% máis en comparación co mes de xuño deste ano.

Na nómina de xullo abonáronse 9.767.050 pensións contributivas, 12.310 prestacións máis que en xuño, "moi por encima do incremento rexistrado o mes pasado respecto a maio (603)", destacou o Ministerio, que resaltou ademais que, por segundo mes consecutivo, mantense o cambio de tendencia no número de pensións abonadas tras os descensos de marzo, abril e maio, en plena pandemia.

Máis de dous terzos da nómina destináronse ao abono das pensións de xubilación, con 7.072,76 millóns de euros, un 2,8% máis que en xullo de 2019.

Ás pensións de viuvez dedicáronse 1.708 millóns de euros, un 1,49% máis que hai un ano, mentres que o gasto en prestacións por incapacidade permanente sumou 937 millóns de euros (-0,18%); o de orfandade totalizou 139,5 millóns (+1,1%), e o das prestacións a favor de familiares ascendeu a 25,4 millóns de euros, un 3,27% máis.

En xullo a pensión media de xubilación alcanzou os 1.162,97 euros, un 2,13% máis respecto ao ano pasado, á vez que a pensión media de viuvez ascendeu a 726,39 euros ao mes (+1,95%).

A pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), alcanzou ao 1 de xullo os 1.011,84 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 2,05%.

En canto ás novas altas de pensións, no caso de xubilación, a máis numerosa, a súa contía é maior que a media do Sistema e superior nun 6,93% ao importe das novas pensións en 2019.

No mes de xuño, última data dispoñible, as pensións correspondentes ás novas altas de xubilación foron de 1.410,29 euros de media, mentres que as do Réxime Xeral chegaron a 1.529,69 euros mensuais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE