​O Celta xogarase a permanencia ante o pechacancelas na corda frouxa e sen rede

O desastroso papel do Celta onte en Balaídos ante o Levante deixa aos de Óscar García con todos os deberes por facer na última xornada. 


|

O desastroso papel do Celta onte en Balaídos ante o Levante deixa aos de Óscar García con todos os deberes por facer na última xornada.


Iago aspas camp nou barcelona lesion cambio liga celta vigo 2018



É difícil clasificar unha tempada como a do Celta de Vigo. E é aínda máis difícil facelo cando este equipo parece afacer a propios e estraños a vivir no arame. Despois dun curso tan desastroso como o do ano pasado, o Celta de Vigo volve dobrar a aposta e xogarase a salvación na última xornada. O Espanyol, o peor equipo da categoría, será o seu xuíz, mentres que o Leganés, que levou unha soberbia vitoria de San Mamés, ten o seu alento xa na caluga dos celestes.


O FUNAMBULISMO CELESTE

Este equipo, o mesmo que goleou ao Arabés, que sobreviviu en Anoeta e que fixo fincar o xeonllo ao Barça, é tamén o que se foi goleado de Mallorca, o que non puido co Betis e o que onte, cun home máis case toda a segunda parte, perdeu ante o Levante. Este Celta tan irregular, capaz do mellor e o peor, chegará á súa última cita sen Rafinha nin Nolito, co máis difícil aínda, e sen o seu gardameta titular. É máis, farao tamén sen o seu gardameta suplente. Todo pasará polas luvas dun Iván Villar que encaixou cinco tantos en dous partidos.


En fronte do Celta estarán uns periquitos afundidos e que onte tampouco presentaron moita batalla ante un Valencia en horas baixas. Polo que poida pasar, aos vigueses convenlles pensar que só lles vale gañar, xa que así non teñen que estar pendentes do que ocorra en Butarque, onde o Leiga mídese a un Real Madrid resacoso e co estómago cheo despois de conquistar a liga.

.


As contas son claras: se o Leganés perde, o Celta mantense ocorra o que ocorra; se o Leiga empata, o Celta tamén se salva faga o que faga, pero se os madrileños, que non perderon no seu últimos catro duelos, vencen a o equipo merengue -o cal, polas relacións existentes entre os dous clubs, non ten un particular interese en ver descendidos aos seus veciños, ao Celta só quédalle gañar, xa que nin o empate os salva.


90 minutos e unha bala no tambor. Iso é todo o que queda de vida ao Celta se non quere caer ás fauces dunha Segunda División que a última vez tardou varios anos en cuspir ao Celta, un equipo que a punto estivo de descender aos infernos da Segunda B, onde ninguén sabe se sobrevivise. Logo viñeron anos gloriosos onde o soño Europa estivo máis preto que nunca. Agora a realidade é outra. É a vida do funambulista. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE