Coronavirus Lugo: Só un novo contaxio na Mariña e ningún máis no resto da provincia
De continuar o descenso, poderase afirmar que o pico da transmisión de coronavirus produciuse polo menos 4 ou 5 antes do día 11, que foi cando se alcanzou a cima de casos activos tanto na provincia como na comarca.
Moi bos datos hoxe sobre o rebrote de coronavirus na Mariña e. Tamén da evolución da pandemia na provincia.
Na Mariña aparece un novo contaxiado, pero ao haber 13 persoas máis curadas o número de casos activos redúcese en 12 ata os 151 actuais, informa o SERGAS lucense.
No resto da provincia, o número de casos activos é de 20 os mesmos que onte.
Dado que as trece altas dadas onte son todas na Mariña, isto implica que non houbo ningunha alta no resto de provincia. Ao haber os mesmos casos activos no conxunto da provincia, 20, podemos deducir que onte non houbo ningún diagnóstico positivo á marxe do único detectado na costa lucense.
Hai que lembrar que a Xunta informa, a nivel provincial, de casos activos e non de novos contaxiados, indicador clave que só comunica nas informacións específicas sobre determinados rebrotes.
Así as cousas, parece que o peor tanto do rebrote mariñán como dos seus ramificacones lucenses xa quedou atrás. Está por ver se o rastrexo do único positivo de onte permite atopar máis contaxiados pero, en todo caso, o repunte acumula xa catro xornadas perdendo terreo.
De continuar o descenso, poderase afirmar que o pico da transmisión de coronavirus produciuse polo menos 4 ou 5 antes do día 11, que foi cando se alcanzou a cima de casos activos tanto na provincia como na comarca.
Escribe o teu comentario