​Gandeiros e agricultores celebran que as “presións” do sector logran axudas para previr danos de fauna salvaxe

Desde o colectivo informan que desde hai xa varios días están a recibir cartas ou chamadas nas que se notifica que recibirán no futuro estas axudas para combater as desfeitas que xeran en agricultura e gandería animais como o xabaril ou o lobo.


|

Desde o colectivo informan que desde hai xa varios días están a recibir cartas ou chamadas nas que se notifica que recibirán no futuro estas axudas para combater as desfeitas que xeran en agricultura e gandería animais como o xabaril ou o lobo.


Con todo, advirten que estas notificacións, chegan xusto ás portas dunhas eleccións autonómicas cando fai menos dun mes a Consellería de Medio “notificoulles que lles denegaba esta axuda por falta de orzamentos”.


Xabaril, monte, caza, bosque.


Do mesmo xeito, sinalan que aínda que foron postos en aviso, estes comunicados non inclúen nin cando vai ser abonada a contía nin a canto ascende a axuda destinada ao sector.


Nas chamadas e cartas notifícase a agricultores e gandeiros que a pesar de que as solicitudes de axudas do pasado ano non puideron ser atendidas “a pesar de cumprir con todos os requisitos esixidos, posto que o elevado número de solicitudes presentadas provocou que se superase o crédito orzado”, comunícaselles que esa axuda si lles será ingresada proximamente e que “se está tramitando o expediente que permitirá a concesión da axuda solicitada por vostede e que finalizará coa notificación na que se lle comunicará o prazo no que debe xustificar vostede os investimentos realizados para o correspondente pago”.


WhatsApp Image 2020 07 10 at 21.10.03



“PRESIÓNS” E VOTOS

Desde a Asociación de Perxudicados pola Fauna Salvaxe (APERFASA-GALICIA) consideran que este movemento do Goberno de Galicia débese a dous motivos: en primeiro lugar “ás presións da asociación”; en segundo “a que estamos en período electoral”. De feito, hai poucos días que a plataforma viña de denunciar a situación de moitos afectados aos que se denegaba a solicitude.


Parécenos un pouco chafalleiro que a poucos días das eleccións e co Goberno en funcións anden chamando á xente e enviándolles cartas para prometerlles que si lles van a conceder a axuda, aínda que sen concretar nin orzamento nin prazo”, comentan desde o organismo. Á súa vez, chaman aos afectados á “cautela” e a “esperar a que se ingresen as axudas”. “Xa sabemos como é a política”, argumentan. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE