Votar na Mariña é seguro pero mellor con "recomendacións adicionais", indica un dos médicos asesores da Xunta
É seguro que vaia a votar o domingo? Esta é a pregunta que se están facendo miles de galegos, sobre todo tras coñecer que, legalmente, os contaxiados teñen dereito de ir ao colexio electoral. Galiciapress trata de responder a esta cuestión falando cun dos doutores con máis coñecemento de causa. Tato Vázquez Lima é membro do comité científico de expertos da Xunta sobre o coronavirus. O tamén vicepresidente da Sociedade Española de Medicina de Emerxencias pide máis medidas de seguridade, que se debaterán o venres.
É seguro que vaia a votar o domingo? Esta é a pregunta que se están facendo miles de galegos, sobre todo tras coñecer que, legalmente, os contaxiados teñen dereito de ir ao colexio electoral. Galiciapress trata de responder a esta cuestión falando cun dos doutores con máis coñecemento de causa. Tato Vázquez Lima é membro do comité científico de expertos da Xunta sobre o coronavirus. O tamén vicepresidente da Sociedade Española de Medicina de Emerxencias pide máis medidas de seguridade, que se debaterán o venres.
O doutor Vázquez Lima, presidente de Semes Galicia, nunha imaxe de Semes Andalucía
O primeiro que deixa claro o urgenciólogo é que o comité non recomenda que os positivos vaian votar. Iso si, Vázquez Lima deixa claro que prohibirlles ou non ir ao colexio electoral é algo que escapa totalmente das súas competencias.:
Nós os positivos non recomendamos que vaian votar nin moito menos, son pacientes cunha enfermidade contaxiosa. Son un risco de saúde pública. Non podemos prohibir [ir votar] porque é a xunta electoral [a competente], pero recomendamos que non vaian votar.
O que si recomendamos que poden ir votar, extremando as medidas de seguridade,l vos contactos, que son os que están en corentena.
Un infectado, un que ten unha PCR ... . outra cousa é que logo os xurídicos digan' teñen que votar', vale, pero médicamente, coma se ten unha tuberculose activa, non podemos recomendarlle que salga á rúa.
É seguro manter as eleccións na Mariña? Hai case tantas respostas como variantes no espectro político galego. Dúas forzas políticas, as máis nacionalistas, BNG e Marea Galeguista reclamaron a paralización das eleccións. O presidente Alberto Nuñez Feijóo (PPdeG) négase argumentando que o rebrote está supostamente remitindo (hoxe hai 15 casos máis na provincia e aínda non se sabe cantos son da Mariña). A medio camiño quedan PSdeG e Galicia en Común, que non chegan a pedir a suspensión dos comicios pero que alegan que non hai garantías de seguridade. Lembrar ademais, que a maioría dos alcaldes da zona, que non son do PP, queren atrasalas, incluídos os das vilas máis populosas, Burela e Viveiro.
O presidente dos médicos de urxencias galego opina que si se poden celebrar as eleccións, pero ao mesmo tempo reclama máis medidas seguridade das implementadas ata o de agora.
As eleccións na Mariña agora, nestes momentos, se se extreman as medidas de seguridade, pódense facer pero ... con medidas de seguridade estritas, que é o que se recomendou xa antes mesmo do brote da Mariña á Xunta Electoral, se fixo varias recomendacións, por exemplo, distancias de seguridade marcadas no chan, hixiene de mans na entrada, todo o mundo con máscaras, pantallas nos os membros [da mesa], pantallas en os dos presidentes e vogalías do tribunal dos tribunais electorais. E logo unha recomendación máis que fixeramos, que creo que se respectou, que é que a xente maior teña prioridade absoluta en voto. É dicir, se hai moitos esperando á cola, sempre gardándose en metro e medio de distancia. Se hai unha persoa maior que se lle dea prioridade, para que voto.
É máis, o doutor Vázquez Lima, nestas declaracións a Galiciapress , indica que pode ser que mañá venres apróbense novas recomendacións. El aposta porque os positivos voten por correo un día antes, algo en teoría factible a pesar da présa, dado que en teoría o número de positivos na provincia non supera os 200.
Teremos unha reunión próxima, probablemente mañá, do comité clínico para emitir unhas recomendacións adicionais para isto é que che estou comentando, os que están en corentena, que non son contactos, non son casos positivos. E é máis, eu fixen varias suxerencia, pero isto son ideas propias, aínda non aprobadas polo Comité Clínico.
Bo, pois desde establecer uns tramos horarios para esta xente, darlles prioridade absoluta no voto, é dicir que presenten o certificado de Sanidade de que están en corentena e votan de maneira automática, o máis rápido posible. Que o voto xa o traian preparado, para tentar evitar que toquen moitas cousas.
E mesmo, pero iso xa é unha decisión da Xunta Electoral, eu expuña a posibilidade de que se metes un voto por correo urxente, 24 horas antes. Pero claro, iso non está na miña man como médico.
Visto o visto, as normas para votar na Mariña poderían cambiar poucas horas antes dos comicios.
Escribe o teu comentario