A área de Lugo volve subir con 15 novos casos pero o esborralle das cifras en Vigo compensa o repunte

En seis días a área sumou case un centenar de novos casos activos aos seus algarismos: eran 77 o venres; son 166 este mércores. Esta xornada, ademais, hai que reflectir un leve repunte na área da Coruña, que engade un caso máis ás súas cifras, un episodio similar ao rexistrado onte en Pontevedra, onde tamén se sumou un novo caso á área da cidade do Lérez. DESCENSO DE VIGOLa crise da Mariña vese amortecida pola caída vertigionase rexistrada no número de casos activos da área de Vigo nas últimas horas.


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven evidenciar unha xornada máis a situación descontrolada que se está vivindo en Lugo a raíz do brote detectado fai xa quince días na Mariña.


A pesar de que os datos de onte indicaban que os novos positivos íanse vendo reducidos, hoxe volve acelerarse o número de contaxiados na área lucense. Mentres, a área de Vigo perde case a metade dos seus casos activos en só 24 horas.



Cunha quincena máis de casos activos desde onte, cando se confirmaron só oito novos casos, Lugo mantén ás autoridades sanitarias en alerta e preocupadas pola escalada constante de casos, que deixa ao área luguesa cuns índices que lembran aos peores momentos da pandemia. En seis días a área sumou case un centenar de novos casos activos aos seus algarismos: eran 77 o venres; son 166 este mércores


Esta xornada, ademais, hai que reflectir un leve repunte na área da Coruña, que engade un caso máis ás súas cifras, un episodio similar ao rexistrado onte en Pontevedra, onde tamén se sumou un novo caso á área da cidade do Lérez. 


DESCENSO DE VIGO

A crise da Mariña vese amortecida pola caída vertigionosa rexistrada no número de casos activos da área de Vigo nas últimas horas. Con 34 casos activos, a área olívica perdeu 26 casos nun só día. Ourense é a outra área galega que hoxe ofrece bos datos, baixando nun caso e quedando con só dous casos activos.



Isto deixa ao conxunto de Galicia con once casos menos en comparación coas cifras de onte, xa que as áreas de Ferrol, Santiago de Compostela e Pontevedra non sofren variacións


MEDIA MÓBIL

Este descenso de hoxe axuda a frear a hemorraxia rexistrada onte, cando Galicia sumou dous casos máis. A escalada de casos en Galicia, explicado non só pola crise da Mariña senón polos repuntes puntuais doutras áreas e o letargo no que habían entrados as áreas desde fai máis dun mes, provocaron que o pasado venres o porcentaxe de variación de casos diarios de coronavirus en Galicia fose de o 0,3%, a primeira vez que daba unha porcentaxe de subida en moito tempo. Onte foi do 0,8%, pero a baixada de hoxe lévao ao -4,3%.



Ademais, os descensos dos últimos días sitúan a media móbil semanal por encima do -3% despois de dous días arroxando un -2,8%: -3,3% este mércores.


Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este mércores 8 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 245, dos cales 25 son da área da Coruña, 166 de Lugo, 2 de Ourense, 3 de Pontevedra, 34 da área de Vigo, 13 de Santiago e 2 de Ferrol. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (32)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE