22 positivos máis no rebrote da Mariña e en Lugo xa hai máis contaxiados que ao principio da Fase 1
O brote de COVID-19 na Mariña dista moito de estar controlado. As novas cifras de casos activos así o demostra.
O brote de COVID-19 na Mariña dista moito de estar controlado. As novas cifras de casos activos así o demostra.
Son xa 143 casos activos na provincia de Lugo, 26 máis que o domingo. Afortunadamente, por agora non hai máis hospitalizados, pois todos os novos 26 casos están en corentena no seu domicilio.
O SERGAS indicou que 22 dos novos casos son da Mariña, polo que 4 novos positivos serían doutras partes da provincia, o que indica que o brote está aínda principalmente nesa comarca.
Segue habendo 5 persoas en hospital, pero ningunha en coidados intensivos. Catro continúan o o Hospital de Burela, incluído un home de 71 anos, e unha no HULA de Lugo capital.
En Lugo hai agora máis casos activos que o 12 de maio. Nese momento, Galicia só levaba dous días de desescalada, acababa de entrar en Fase 1.
Por agora, a Xunta non informou de se prevé endurecer a corentena na Mariña.
Polo menos hai un alcalde, o de Burela, que pediu cancelar as eleccións na comarca. BNG e Marea Galeguista xa reclamaron publicamente o mesmo. O PSdeG suspendeu todos os actos de campaaña non só na Mariña, cancelounos en todo Lugo.
Escribe o teu comentario