O rebrote de coronavirus na Mariña está desbocado, con 30 casos máis hoxe

Son 30 novos os casos, o maior salto desde que xurdiu o rebrote en Xove.Nos hospitais xa hai cinco pacientes.


|

"O brote da Mariña está localizado e controlado" dixo onte o presidente da Xunta. As cifras de hoxe desménteno. Son 30 novos os casos, o maior salto desde que xurdiu o rebrote en Xove.


Nos hospitais xa hai cinco pacientes. Son dous máis que onte. Os novos ingresos son todos no Hospital de Burela, onde hai catro contaxiados con COVID-19.


Ademais, segue habendo unha persoa ingresada no HULA da capital. O Hospital de Monfote aínda non ten casos. Afortunadamente, non hai ninguén na UCI.





O NÚMERO DE CASOS HASE SEXTUPLICADO EN 10 DÍAS

O 24 de xuño había na provincia 17 casos activos. Hoxe hai 100 máis, 117. O máis preocupante é que o rebrote está a acelerar. En ningunha das xornadas anteriores habían aparecido máis de 13 casos ata este sábado, cando saltaron 26, superados por o deste domingo, que de súpeto son 30 máis. Son 56 novos casos en só dous días.


Todos os partidos políticos, salvo o PPdeG xa suspenderon os actos de campaña na Mariña. Un deles, Marea Galeguista, mesmo pediu o aprazamento das eleccións alí.


A nivel de control da mobilidade, o único que aplicou a Xunta é prohibir a reapertura de bares nocturnos, discotecas e verbenas.


OZBIk coronavirus casos activos no rea sanitaria de lugo (1)


Un sanitario protexido con luvas sostén un mostra para realizar unha Análise PCR nun local de Deputación de Bizkaia, onde recollen mostras de traballadores funcionarios que deron positivo e



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE