A Xunta confina A Mariña (Lugo) polo coronavirus polo menos durante cinco días

Só poderán entrar persoas por motivos laborais e outras cuestións importantes. Por agora, non se suspende a selectividade e Viveiro acollerá as probas da ABAU. Quedan prohibidas as reunións de máis de 10 persoas.


|

rebrote sumou 56 casos en só dous días. Ante o acelerón, a Xunta está a anunciar en rolda de prensa que vai pechar cinco días os accesos a esta comarca. 




As normas oficiais que regulan o novo confinamento publicaranse no DOG. Con todo, o conselleiro de Sanidade acábaas de explicar en rolda de prensa tras manter unha teleconferencia cos alcaldes.


MÁSCARA SEMPRE OBRIGATORIA SALVO PARA BAÑARSE

Así, o peche será a partir deste domingo ás 00.00 horas. Só poderán entrar persoas por motivos laborais e outras cuestións importantes. 


Por agora, non se suspende a selectividade e Viveiro acollerá as probas da ABAU, como estaba previsto.


Quedan prohibidas as reunións de máis de 10 persoas. Pódese ir á praia, pero aumentando a distancia de seguridade ata catro metros. Ademais, hai que usar máscara sempre, salvo para bañarse. As máscaras son obrigatorias tamén en toda a vía pública en todo momento. 


Os bares seguen abertos, pero non se pode consumir nas barras.




SITUACIÓN NOUTRAS PARTES DE GALICIA

Por agora, no resto de áreas de Galicia non hai indicios de repunte. De feito, está a suceder todo o contrario. Os casos activos están a esborrallarse noutras zonas á vez que se disparan na Mariña.





A consecuencia disto é que a gráfica a nivel de Galicia segue mostrando un coronavirus en retirada.




IMPACTO NAS ELECCIÓNS GALEGAS

Se a prohibición dura só cinco días, isto podería facilitar a normal celebración das eleccións.


Ata o de agora, o PPdeG era o único partido que non suspendera os mitins na comarca. Esta mesma mañá suspendeu dous mitins, en Ribadeo e Viveiro. Un contendente relevante, Marea Galeguista, xa pedira aprazar as eleccións, polo menos nesa comarca. 


PECHE PERIMETRAL, NON POR CONCELLOS

Segundo comunicou o consellerio de Sanidade, dentro da Mariña a cidadanía poderá moverse libremente. O que non poderá será entrar ou saír. 


As últimas cifras do SERGAS falan de 106 casos no rebrote da Mariña. Sete xa se curaron, polo que o rebrote ten agora 99 casos activos. Na provincia de Lugo hai 117 casos activos.


Por tanto, hai 18 casos activos no resto da provincia, fóra da Mariña. Antes do rebrote, en toda a provincia había 17 casos activos. Así pois, parece que o repunte por agora só estase deixando sentir fortemente na zona costeira.



OZBIk coronavirus casos activos no rea sanitaria de lugo (1)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE