A fronteira con Portugal reabre este mércores

Galicia e Portugal reabren as súas fronteiras a partir deste mércores, 1 de xullo, tras só estar operativos ata o de agora un par de pasos por Tui (Pontevedra) e Verín (Ourense).

|

Un responsable político portugués critica á Xunta e lémbralle que o país veciño ten mellores datos que Galicia


Galicia e Portugal reabren as súas fronteiras a partir deste mércores, 1 de xullo, tras só estar operativos ata o de agora un par de pasos por Tui (Pontevedra) e Verín (Ourense).


Fronteira portugal




Precisamente, na medianoite entre este martes e mércores ten lugar un acto simbólico pola apertura da fronteira cos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e da Cámara de Valença, Manuel Lopes.

Pola súa banda, o director do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Miño (AECT) Rio Minho, Uxío Benítez, chama a "traballar" para "restituír e normalizar as relacións entre Galicia e Portugal".

Benítez pide ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que "non criminalice aos veciños de Portugal, debido a que ten mellores datos epidemiolóxicos que Galicia".

Nun comunicado, o responsable do AECT Rio Minho sostén que, "en canto a xestión, por resultados, está claro que o traballo da Xunta foi moito peor que en Portugal, que soubo anticiparse".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE