O leve repunte do coronavirus en Galicia débese sobre todo a positivos nas áreas da Coruña e Santiago
O rebrote no Barbanza (Ribeira e A Pobra) provoca un aumento dos casos activos na área sanitaria de Santiago, con catro máis que onte. Este repunte alimenta tamén o ascenso dos casos activos en Galicia ata 343, tres máis que o domingo. A outra área sanitaria na que soben os seus casos é A Coruña, cun caso máis.
O rebrote no Barbanza (Ribeira e A Pobra) provoca un aumento dos casos activos na área sanitaria de Santiago, con catro máis que onte. Este repunte alimenta tamén o ascenso dos casos activos en Galicia ata 343, tres máis que o domingo. A outra área sanitaria na que soben os seus casos é A Coruña, cun caso máis.
O rebrote no Barbanza afecta a un total de nove persoas por agora. O primeiro positivo confirmouse o venres. Onte domingo confirmáronse seis casos novos.
A gráfica por áreas sanitarias non deixa lugar a dúbidas. A caída constante de casos en Galicia foise retardando ata que o 12 de xuño entramos nunha fase de caídas tan lentas que a penas compensan os repuntes puntuais.
Así, na Coruña a situación empeza a ser preocupante. Este luns hai agora 110 casos activos, que son dous máis que hai unha semana e nove máis que os que había fai 12 días.
Non hai ningunha outra área sanitaria que este luns teña máis casos activos que a semana pasada. Santiago, a pesar do rebrote do Barbanza e Ribeira, ten os mesmos. Estancadas tamén están Pontevedra e Ferrol, con 8 e 12 casos.
Lugo, Vigo e Ourense son o únicas tres áreas que poden presumir de recortar os seus casos activos a última semana. Con todo, o recorte é mínimo: dous casos menos en Vigo e Ourense, tres casos menos en Lugo.
Estamos entón ante un cambio de tendencia que nos debería preocupar?
É pronto para sacar conclusións, pero cada vez hai máis indicadores de que o coronavirus pode deixar de retroceder en Galicia.
Primeiro foi o ritmo cada vez máis lento nas caídas diarias, despois repuntes puntuais cada vez máis frecuentes e onte o rebrote en Ribeira e A Pobra, o primeiro serio tras o da residencia coruñesa Santa Teresa de Jornet.
A consecuencia é que o ritmo do descenso do coronavirus en Galicia é practicamente inexistente. A media móbil a sete días mostra un descenso de só o -0,2%. Onte os casos activos subiron un 0,9 por cento, é o terceiro día nunha semana que soben os contaxiados.
A pesar das noticias preocupantes, hai que situalas no seu contexto.
É certo que a media móbil a sete días de novos contagios diarios superou os 2 positivos ao día, por vez primeira desde o día 6 de xuño.
Con todo, estes 2,1 positivos diarios houbesen sido unha magnífica noticia en todo o mes de maio e entón Galicia, a pesar de sufrir máis contagios que ahorad, foi capaz de seguir facendo retroceder ao COVID-19.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 343, dos cales 110 son da área da Coruña, 17 de Lugo, 24 de Ourense, 8 de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 34 de Santiago e 12 de Ferrol.
Escribe o teu comentario