Feijóo promete 1.700 empregos: unha planta de residuos, outra de hidróxeno e outra de fibra forestal, sector no que xa traballa ENCE


O presidente do Goberno presenta na recta final da precampaña tres relevantes promesas industriais das que aínda non se coonoce a localización. As cifras prometidas son considerables: 1.300 millóns de investimento e 1.700 empregos.


|

O presidente do Goberno presenta na recta final da precampaña tres relevantes promesas industriais das que aínda non se coonoce a localización. As cifras prometidas son considerables: 1.300 millóns de investimento e 1.700 empregos.


Os tres primeiros proxectores tractores de reactivación económica en Galicia ante a pandemia do coronavirus supoñerán a creación de 1.700 empregos, tras un investimento de 1.300 millóns de euros.


En concreto, trataranse de un centro de xestión de residuos, unha fábrica de produción sostible de fibra forestal e unha planta de produción de hidróxeno 'verde' por electrolisis.

Feijóo no Consello de la Xunta.


DE ONDE SAIRÁ O DIÑEIRO?

Para o seu financiamento poderán optar a fondos europeos do pacto verde (European Green Deal); do Fondo Next Generation; e a ferramentas de institucións como o Banco Europeos de Investimentos. Tamén se destinan fondos propios da Xunta e privados. O Goberno non identificou por agora nin o nome dos investidores privados nin a localización destas próximas industrias.


Tras o Consello, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que estas iniciativas serán claves para a competitividade do tecido produtivo galego, á vez que valora a posta en marcha dunha aceleradora de pemes innovadoras especializadas en comercialización para soluciones fronte ao coronavirus.

Nesta iniciativa Connect-19 participarán pemes que recibirán asesoramento individualizado nun programa en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Terá unha duración de cinco meses, cun orzamento de case 600.000 euros. As solicitudes activaranse este mes e estarán abertas ata o 10 de xullo.

TRES PROXECTOS
O centro de xestión de residuos contará cun investimento de 525 millóns e promete crear 820 empregos directos. Tratará sobre dous millóns de toneladas de plásticos e materiais industriais, entre outros.

O centro de produción sostible de fibra téxtil sostible a partir de celulosa supoñerá segundo o Goberno un investimento de 700 millóns, coa creación de 800 postos de traballo. Hai que ter en conta que "una das apostas máis rechamantes que realizou Ence é a produción de celulosa para viscosa, utilizada na industria téxtil", segundo un recente comunciado da empresa.


 Así que aínda que aínda non se coñecen os socios privados do proxecto presentado por Feijóo, é probable que a pasteira de pontevedra, principal transformador do eucalipto, materia prima da pasta de celulosa que se transforma na fibra téxtil, teña algo que ver.

O terceiro dos proxectos prometidos será a instalación de unha planta de produción de hidróxeno 'verde' por electrolisis de 50 megawatts para o seu uso na industria. Unha iniciativa que o goberno di pioneira en España para aumentar a capacidade de xeración renovable.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE