Pode haber 15.158 mortos por coronavirus sen contar en España, estima a BBC

O medio británico revisou os datos de mortalidade en 27 países do mundo e atopou que, durante a pandemia mundial do coronavirus, na maioría destes países houbo un número máis elevado de mortes das que adoita haber outros anos no mesmo período de tempo



|

Unha investigación da BBC calculou que no mundo morreron polo menos 130.000 persoas máis das que os países contaron oficialmente.


Enterro



O medio británico revisou os datos de mortalidade en 27 países do mundo e atopou que, durante a pandemia mundial do coronavirus, na maioría destes países, aínda teniendo en cuenta as graves consecuencias da covid-19, houbo un número máis elevado de mortes das que adoita haber outros anos durante o mesmo período.


A investigación ten en conta que o número de mortos nos países será moito máis elevado como consecuencia das mortes producidas polo coronavirus, pero aínda así considera que os números non cadran. Deste xeito, puideron calcular aproximadamente cantas mortes por coronavirus non se contabilizaron.


En relación a España, a BBC calcula que hai 15.158 mortes máis das que cifrou o goberno. “O país alcanzou o seu punto máximo durante a semana do 5 de abril, cando se rexistraron máis de 11.000 mortes en exceso”, explica. O medio tamén sinala que a rexión de Madrid é a que reportou os niveis máis altos de exceso de mortalidade, xa que se produciron máis do dobre de mortes esperadas desde que comezou o brote.


Outros datos do informe explican que en Italia rexistráronse 16.278 mortes en exceso, no Reino Unido 12.729 e en Alemaña, 7.792.


A BBC destaca tamén que nalgúns dos países onde o número de mortes xa alcanzou o pico e reduciuse, como Reino Unido, España, Italia e Bélxica, as mortes aumentaron en máis do 30%.


En cambio, países como Perú, Chile e Brasil aínda están a lidar cun número crecente de mortes, polo que calculan que o panorama cambiará nas próximas semanas.


Aínda así, aseguran que aínda non se poden clasificar os países de maneira precisa porque o número de mortes aínda é cambiante.


Como se miden as mortes en exceso?

Para medir o exceso de mortes utilizáronse os datos que mostran as mortes por todo tipo de causas, que adoitan ser emitidos polos ministerios de sanidade ou institutos de estatística de cada país.


O número de mortes en exceso, pois, é o número total de mortes que se sitúa por encima da media histórica.


David Leon, profesor na Escola de Hixiene e Epidemiología de Londres, explicaba hai unhas semanas a BBC que o o exceso de mortalidade é é cando, en período determinado, o número de mortes por calquera causa é maior que a media de mortes doutros anos anteriores no mesmo período. “Por exemplo, recolles o número de mortes por calquera causa producido nun país na semana previa. Logo compáralo coa media de mortes ocorridas na mesma semana en anos anteriores. Se a cifra é maior que a media, a esa diferenza chámaselle exceso de mortalidade”, explicaba o profesor ao medio británico. 


Un método máis fiable

A BBC centrouse en países con datos sólidos de mortalidade desde, polo menos, catro semanas antes do inicio da pandemia nese país.


O inicio do brote de cada lugar cóntase desde a semana ou o mes no que se rexistrou a quinta morte oficial por Covid-19.


Nalgúns casos, como Brasil ou Turquía, investigouse unha rexión máis pequena xa que non había datos suficientes de todo o país.


Moitos expertos no mundo cren que método de contabilización de defuncións por medio das mortes en exceso é máis fiable que o reconto dos gobernos, xa que é moi difícil tratar con cifras tan elevadas nun período de tempo moi curto. 


Mesmo Boris Johnson chegou a dicir que o Reino Unido podería saber a magnitude real da pandemia cando puedieran calcular as mortes en exceso. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE