Profanan a capela da Igrexa católica no Campus Sur da USC en Santiago

As delegacións de Pastoral Universitaria e Pastoral de Infancia e Mocidade do Arcebispado de Santiago informaron este martes de que a capela da USC no Campus Sur de Santiago sufriu un asalto, con numerosos danos e a profanación da Sacra Forma.

|

A Policía segue a pista aos vándalos que entraron no edificio, propiedade da Universidade, este venres día 12



As delegacións de Pastoral Universitaria e Pastoral de Infancia e Mocidade do Arcebispado de Santiago informaron este martes de que a capela da USC no Campus Sur de Santiago sufriu un asalto, con numerosos danos e a profanación da Sacra Forma.


Capela usc

Capela da USC nunha imaxe de Google Street View


Segundo explicaron nun comunicado, o pasado venres, día 12, un grupo de persoas forzou a entrada á capela universitaria e, unha vez dentro, realizaron "numerosas desfeitas materiais, de valor non moi elevado, pero que indubidablemente supoñen un trastorno para a actividade normal da capela".


"A DOR QUE NOS SUPÓN É INCALCULABLE"

Con todo, para o arcebispado, "o máis doloroso foi a profanación das Sacras Formas", que se atopaban no sagrario. "Os católicos sostemos que, unha vez consagrado, o pan eucarístico non é xa pan: é Jesús mesmo, real, verdadeira e substancialmente presente. Máis aló de calquera consideración económica, a dor que nos supón ver ao noso Señor así, maltratado, é incalculable", recolle o comunicado.

Por iso, o arcebispo, monseñor Julián Barrio, acompañado dos mozos e da comunidade universitaria que semanalmente se reúnen na capela, celebrará unha eucaristía este venres, día 19, ás 20,30 horas, en "desagravio e reparación polo sucedido".

Desde o primeiro momento, os servizos de seguridade do Campus alertaron á Delegación de Pastoral Universitaria do Arcebispado do que acontecera. Os feitos foron xa postos en coñecemento da Policía e realizáronse as probas oportunas. A USC, propietaria da capela, puxo xa os medios necesarios para emendar os danos materiais, de modo que se poida retomar a actividade normal canto antes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE