Os repuntes de novos casos corríxense en todas as áreas sanitarias salvo en Vigo, que segue en aumento


As áreas sanitarias galegas viviron onte unha xornada de subida segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, que notificou ata tres áreas con repuntes. Aínda que hoxe Galicia presenta uns datos moito mellores na súa caída de casos activos, a situación na área sanitaria de Vigo segue reflectindo unha tendencia á alza. En todo caso, esta subida, como onte, é mínima, e só tradúcese nun caso máis. 




|

As áreas sanitarias galegas viviron onte unha xornada de subida segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, que notificou ata tres áreas con repuntes.


Aínda que hoxe Galicia presenta uns datos moito mellores na súa caída de casos activos, a situación na área sanitaria de Vigo segue reflectindo unha tendencia á alza. En todo caso, esta subida, como onte, é mínima, e só tradúcese nun caso máis. 




A área olívica suma tres casos máis á súa gráfica nas últimas 48 horas. Despois de varios días consecutivos de descenso, a área viguesa dá pasos atrás na súa recuperación. Con todo, e a pesar dos malos datos, polo momento a situación non debe preocupar especialmente, xa que isto leva repetindo en Galicia desde hai moitas semanas, con lixeiros repuntes de casos de forma paulatina. 


QUE É UN CASO ACTIVO?

Hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.


Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recuperados. O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves. 


DESCENSO NO CONXUNTO DE ÁREAS

A diferenza de Vigo, Santiago e Pontevedra, que onte tamén experimentaron un lixeiro ascenso, hoxe volven recuperar o ritmo de baixada e a compostelá mesmo ofrece os seus mellores datos desde o pico da crise. A área da capital perde catro casos desde onte; a área da cidade do Lérez perde tres. 


Mentres, a área que sofre o maior descenso esta xornada é A Coruña, con oito casos menos. Pola súa banda, Ourense rebaixa as súas cifras en dous casos menos, mentres que Lugo faio en catro. Ferrol, en cambio, perde catro casos nas últimas 24 horas. Con esa baixada, a área departamental queda con 14 casos activos, o que significa que volve ser a área menos afectada. 


CONXUNTO DE DATOS

Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este sábado 6 de xuño en Galicia ascende a 542 dos cales 124 son da área da Coruña, 33 de Lugo, 49 de Ourense, 16 de Pontevedra, 196 de Vigo, 110 de Santiago e 14 de Ferrol. 



Isto implica que hoxe en  Galicia hai 23 casos activos menos que onte -onte foron só catro menos-. Continúa o descenso de casos activos a nivel autonómico e a un ritmo mellor que o de onte. O descenso diario hoxe é do 4,1%, cando onte quedaba por baixo do 1%. 


Tamén sofre variacións a media móbil semanal da porcentaxe de caída, que onte macaba un -4,2%. Cos datos de hoxe sitúase nun -4,4%. 

IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (14)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE