A convocatoria da Mesa de Industria para o día 9 pon fin ao peche dos empregados de Alu Ibérica na Coruña

O comité empresa de Alu Ibérica na Coruña desconvocou o seu peche, a última hora deste mércores, tras convocarse a Mesa Técnica de Industria para o próximo 9 de xuño, segundo confirmou a representación sindical.


|

O comité empresa de Alu Ibérica na Coruña desconvocou o seu peche, a última hora deste mércores, tras convocarse a Mesa Técnica de Industria para o próximo 9 de xuño, segundo confirmou a representación sindical.


Traballadores de Alu Ibérica ao termo do seu peche no Concello da Coruña


Antes, este venres, terán un encontro co Ministerio de Industria só por parte da representación sindical, segundo trasladou o presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho.

A data da reunión no Ministerio tamén a confirmou o Concello da Coruña, onde un grupo de traballadores mantiña o peche tras unha reunión coa alcaldesa, Inés Rey, para trasladarlle as súas demandas en aras de garantir un proxecto industrial para a planta.

Unha vez desconvocado o peche, o presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña explicou que na reunión do 9 de xuño estarán, ademais de representantes do Ministerio de Industria, a Xunta, o Principado de Asturias, comités de empresa, sindicatos, o fondo suízo Parter e Alcoa.

Previo a ese encontro, este venres reuniranse os comités de empresa co Ministerio, segundo trasladou Juan Carlos López Corbacho, quen avanzou que a súa intención é trasladar a situación "que se está vivindo na planta e preparar a reunión do día 9".

Sobre a mesma, indicou que esperan que sexa un encontro "executivo" "para tomar decisións e poñer andar o proxecto". Por outra banda, insistiu en que desde a planta coruñesa loitarán "ata o final" e confirmou que se mantén a concentración que convocaron para o sábado na praza de María Pita. Ademais, agradeceu o apoio da alcaldesa, Inés Rey. "Se estamos xuntos as cousas empezan a funcionar", expuxo.


A Xunta, "ASUMIR As súas COMPETENCIAS"

Nun comunicado, o goberno local coruñés manifestou que a rexedora mantivo este mércores "unha comunicación constante coas persoas responsables do ministerio e tamén cos representantes do comité de empresa".

Rey agradeceu "o talante" do ministerio "ao convocar a mesa por petición do cadro de persoal" e exaltou "a boa actitude" do comité de empresa, "que está a traballar polo mantemento dos postos de emprego na nosa cidade".

Mentres, instou á Xunta a "asumir as súas competencias" neste conflito laboral, "que afecta seriamente á industria coruñesa", á vez que trasladou o apoio do goberno local "en defensa" da industria da cidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE