Pesar en Vilalba pola morte dunha nena de poucos meses no centro de saúde local

Un bebé de poucos meses faleceu no centro de saúde de Vilalba (Lugo), tras o que o seu corpo foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para realizarlle a autopsia.

|

As primeiras informacións apuntan a que a menor xa chegou ao centro nun estado moi grave e que no complexo trataron de reanimala sen éxito.


A menor atopábase en parada cardíaca e sen respirar. Este martes se realizaó a autopsia para determinar as causas deste tráxico suceso ocorrido no municipio lucense. 


Centro de saúde vilalba google maps

O centro de saúde de Vialba nunha imaxe de Google Maps


Un bebé de poucos meses faleceu no centro de saúde de Vilalba (Lugo), tras o que o seu corpo foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para realizarlle a autopsia. Os resultados preliminares da autopsia descartan a existencia de signos de criminalidade. 


Así o confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil, que apuntaron que se abriu unha investigación que está á espera dos resultados da autopsia.


As mesmas fontes indicaron que este luns pasado o mediodía o Instituto Armado recibiu o aviso de que falecera un bebé "de poucos meses" no centro médico de Vilalba.

Ao lugar acudiu, ademais, a autoridade xudicial que ordenou o levantamento do cadáver, tras o que o corpo do bebé, unha nena, foi trasladado ao HULA para realizarlle a autopsia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE