A corrente arrastra a un kitesurfista en Sabón e ten que rescatalo Salvamento Marítimo

Os servizos Salvamento Marítimo tiveron que rescatar este sábado a un home que practicaba kitesurf cando foi arrastrado pola corrente na praia de Sabón, no concello coruñés de Arteixo.

|

Os servizos Salvamento Marítimo tiveron que rescatar este sábado a un home que practicaba kitesurf cando foi arrastrado pola corrente na praia de Sabón, no concello coruñés de Arteixo.


Recate en helicóptero


O 112-Galicia explicou que o kitesurfista atopouse en apertos e por este motivo foi necesaria a intervención de Salvamento Marítimo.

Foi preto das 15,15 horas cando un particular alertou aos servizos de emerxencias que un home estaba a ser arrastrado pola corrente e pedía axuda preto do dique.

Nese momento, os xestores alertaron a Salvamento Marítimo e estes mobilizaron ao helicóptero Helimer e á embarcación Salvamar Betelgeuse. Ademais, informouse o Servizo de Gardacostas de Galicia, aos servidos sanitarios e aos axentes da Garda Civil, por se fose necesaria a súa intervención.

Por terra, formaron parte do dispositivo a Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade. Finalimente, o kitesurfista foi rescatado ileso polo helicóptero Helimer e evacuado ata o Aeroporto de Alvedro, na Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE