​Sánchez dá forma ao Ingreso Mínimo Vital: empezarase a cobrar en xuño e "beneficiará a 850.000 fogares”

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, anunciou unha serie de novidades e puxo xa data á cobranza desta prestación: “Empezará a cobrarse o próximo mes de xuño”. “O Goberno non se vai a cruzar de brazos”, insistiu o líder dos socialistas, á vez que puxo o foco sobre a España “máis exposta, con empregos de risco, con familias en risco de pobreza”. 

|

Comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no Palacio da Moncloa.

“Esta é a España á que o Goberno prestará toda a súa atención”, manifestou Sánchez na súa comparecencia. Nese sentido, afirmou que o Ingreso Mínimo Vital "aprobarase a semana que vén no Consello de Ministros".

“Será unha prestación permanente. Será unha prestación da Seguridade Social, que beneficiará a preto de 850.000 fogares”, asegurou Sánchez.

Doutra banda, o presidente informou doutros cambios como o regreso do fútbol, a apertura das fronteiras a partir de xullo para os turistas estranxeiros ou o anteproxecto de lei para “conseguir a neutralidade climática”. Con todo, Sánchez fixo fincapé en que queda “traballo por facer, sectores esenciais por revitalizar”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE