Primeira semana con menos de 50 novos contaxios de coronavirus en Galicia, indica a gráfica

No últimos sete días deron positivo 48 probas de PCR, co que é a primeira vez desde o inicio da crise que os novos contaxiados non chegan a 50.


|

Non hai  ningún sinal por agora de que poida haber un repunte inminente do coronavirus en Galicia. Todas as cifras oficiais de hoxe confirman que o COVID-19 segue retrocedendo.


Con todo, son xa case 11.000 as persoas que deron positivo nalgún test, sete máis que onte, segundo as cifras oficiais do Ministerio



POSITIVOS


Todos os novos casos foron confirmados mediante probas PCR. O Ministerio segue sen informar dos positivos de anticorpos. Unha omisión xa non tan relevante, pois agora mesmo estas probas só se realizan a persoas asintomáticas de colectivos especialmente expostos.


A serie que nos informará do probable rebrote de coronavirus na de "novos positivos PCR". Fai xa oito días que Galicia non notifica máis de dez positivos diarios vía PCR.


A media móbil a 7 días, que nos permite seguir a curva sen excesivos rumbos de días peculiares, esborrallouse no que levamos de semana, de 42 a 14.


No últimos sete días deron positivo 48 probas de PCR, co que é a primeira vez desde o inicio da crise que os novos contaxiados non chegan a 50.


Ademais, o descenso de casos activos é xeneralizado en todas as áreas sanitarias do SERGAS, onde xa hai menos de 1.000 pacientes.




HOSPITALIZADOS E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


Os ingresos en hospitais tamén están a caer, pero menos que os contagios. No últimas tres xornadas ingresaron cada día 4 persoas por Covid-19.


En todo caso, son case 3.000 os hospitalizados ata o de agora. Unha cifra que gaña dramatismo coa revelación de que o 10% dos dados de alta no hospital acaban sendo reingresados nun mes.


Segundo dixo hoxe o presidente da Xunta, o 43% das camas de hospitalización do SERGAS están libres agora mesmo.


As prazas ocupadas nas UCIs galegas son o 40%, segundo o presidente. Iso a pesar de só quedan 12 enfermos críticos ingresados. 


Agora mesmo hai tantos ingresados en coidados intensivos como os que había tres días despois do estado de alarma. 


No que levamos de semana, só ingresou unha persoa en coidados intensivos. En total, hai tres prazas libres máis que o luns.




FALECEMENTOS E RECUPERADOS


A cara máis amarga das cifras é que se seguen producindo decesos. Onte morreron dúas persoas, entre elas unha muller de só 65 anos en Santiago.


A cifra de falecidos en Galicia elévase aos 610, oficialmente. Con todo, debemos ter en conta que centos de galegos morreron por coronavirus sen que lles fixesen o test, polo que non figuran nas estatísticas, segundo dedúcese comparando as cifras de mortaldade destes meses coa de primaveras anteriores. 





 

ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia (8)

DATOS DO CORONAVIRUS EN ESPAÑA


En España tampouco hai indicios dun repunte. Certo é que os novos casos diarios diagnosticados de coronavirus en España son hoxe máis que nas pasadas dúas xornadas, pero a tendencia xeral é á baixa. O Estado encadea cinco días con menos de 500 contaxios identificados por PCR, algo que nunca sucedera desde o 9 de marzo.




España tamén encadea cinco días seguidos con menos de 100 mortes diarias. Hoxe hai un leve repunte ata os 56 decesos pero a tendencia xeral é á baixa.




Onde é realmente preocupante a situación é en Brasil, con máis de 1.000 falecidos cada día e case 300.000 casos confirmados, 70.000 máis que España.



Made with Flourish



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE