Gráficos coronavirus Galicia: seguen as boas noticias, aínda que non tan cegadoras como onte


Os datos de hoxe sobre o coronavirus non son tan bos como os de onte. Con todo, indican que Galicia segue freando ao coronavirus polo que, polo menos no flanco epidemiolóxico, non debese ter problemas para pasar á fase 2.


|

Os datos de hoxe sobre o coronavirus non son tan bos como os de onte. Con todo, indican que Galicia segue freando ao coronavirus polo que, polo menos no flanco epidemiolóxico, non debese ter problemas para pasar á fase 2.


O acumulado de positivos subiu ata os 10.976, que son nove casos confirmados máis que o martes. 




POSITIVOS


Todos eses 9 novos positivos son produto de probas PCR. O Ministerio segue sen informar dos positivos diarios de anticorpos, aínda que da gráfica de Saúde Pública pódese deducir que a Xunta non comunicou onte a Madrid ningún positivo por anticorpos.


Así as cousas, a media móbil a sete días queda en 28 positivos. Atendendo a este indicador, que permite seguir os contagios sen depender tanto das cifras dunha xornada en concreto, a epidemia segue retrocedendo. Iso a pesar de que hoxe se confirmaron sete casos máis que onte, cando só houbo 2.


A serie de "novos positivos por PCR" é a que nos alertará primeiro de o probable repunte este verán que preocupa á Xunta. Por agora non hai indicios del.


 O número reprodutivo básico de Galicia segue bastante por baixo do 1, en 0,56. Mentres se manteña por baixo de 1, significará que o COVID-19 está en retroceso.





  

HOSPITALIZADOS  E UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


O número de ingreso diario en hospitais é o segundo indicador que nos avisará dun rebrote. Tampouco aquí hai indicios de repunte.


Certo é que onte houbo 3 ingresos máis que antonte, pero a tendencia xeral, a que percibimos mediante a media móbil semanal, segue estable en catro hospitalizacións diarias. Nos peores momentos, chegou a ser de 153 hospitalizacións por día.


Onde si hai un repunte, ligerísimo, é nas UCIS. Onte ingresaron dúas persoas e só saíu unha de críticos, polo que hai 16 enfermos de coronavirus críticos, un máis que o martes.





FALECEMENTOS E RECUPERACIÓNS


Terceira xornada consecutiva sen ningunha morte de enfermos de coronavirus en Galicia, algo que nunca pasara antes.


A cifra de decesos segue en 607, aínda que o cómputo diario do Ministerio crecerá mañá polo menos ata 608. A causa é a morte dun home de 81 anos no CHUAC, persoa que proviña dunha residencia.


Hai dúas semanas que non hai decesos en residencias. 


O SERGAS notificou onte ao Ministerio 130 recuperacións, na liña destes días. Son case 9.500 os galegos que poden dicir que venceron ao coronavirus.





DATOS DE CORONAVIRUS EN ESPAÑA


Os decesos en España levan subindo tres días. Afortunadamente, son subidas leves. Cos 95 de hoxe, o Estado acumula tres xornadas con menos de 100 óbitos ao día, algo que non pasaba desde o pico da epidemia.


 



Algo similar sucede cos novos contagios detectados por PCR. Tres días seguidos de subidas en España, aínda que de maneira moi lenta, pois os casos confirmados seguen por de baixo dos 500 ao día.




En termos xerais, a evolución da pandemia nesta fase está a ser un pouco mellor en España que en Italia, onde aínda están a morrer máis de 100 persoas case todos os días:





ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE