​O centro de saúde de Valeixe leva case un ano cunha praza de médico libre e tres meses sen pediatra na Cañiza

Por terceira vez desde o 9 de xullo, o alcalde da Cañiaza, Luís Piña, volveu presentar ao Servizo Galego de Saúde a petición de cobertura correspondente á praza de médico do centro de Valeixe. 


|

Por terceira vez desde o 9 de xullo, o alcalde da Cañiaza, Luís Piña, volveu presentar ao Servizo Galego de Saúde a petición de cobertura correspondente á praza de médico do centro de Valeixe.


Medico valeixe foto face A Cau00f1iza

Protestas por un médico en Valeixe | Foto: perfil de Facebook do Concello da Cañiza


Esta é xa o terceiro intento do rexedor, que hai máis de 10 meses xa pusoe en coñecemento do SERGAS a problemática juirdica pola ausencia de médico no centro de Valeixe, unha situación que deixou desamparados a 754 usuarios. O parche para suplir esa baixa foi prestar atención a eses veciños os martes e xoves pola tarde no PAC da Cañiza, o que á súa vez foi unha solución non moi ben recibida polos usuarios do centro médico, xa que na súa maioría trátase de persoas maiores de 65 anos e sen dispoñibilidade de transporte propio.


O pasado 4 de decembro o alcalde do municipio pontevedrés volveu instar ao SERGAS a necesidade de cubrir esa praza, obtendo como resposta a incapacidade da sanidade galega de resolver ese problema “O SERGAS está nunha situación de ausencia de substitutos en toda Galicia, e en particular na área sanitaria de Vigo”, explican desde o goberno municipal.


A falta de médico motivou as protestas na zona, con máis de 400 veciños manifestándose o pasado febreiro nas rúas da Cañiza. A pesar dos seus esforzos, e case un ano despois, o centro de Valeixe segue cunha praza vacante, o que deu pé a un terceiro escrito por parte do goberno local, onde reclama a cobertura desa praza nun momento tan delicado como este non é “é máis necesario que nunca un médico neste centro que conta con 754 cartillas” pertencentes aos municipios da Cañiza, Crecente e Arbo.


Ademais, segundo expón Luís Piña, 164 son usuario das residencias de maiores da Cañiza, “colectivo especialmente vulnerable nestes momentos de crise sanitaria onde os labores de prevención son vitais”.


PROBLEMAS CO PEDIATRA

Na mesma liña, o centro de saúde da Cañiza conta cun pediatra menos desde o mes de febreiro. “Desde a alcaldía solicitouse ao SERGAS que de maneira inmediata proceda á cobertura desta praza”. Desde o goberno local consideran que, atendendo aos datos da Xunta, a actualidade da sanidade galega permite estes reforzos, ao rexistrar un descenso na “presión sobre o sistema sanitario galego respecto ao incremento de casos polo virus Covid-19”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE