A caza e a pesca quedan incluídas dentro das actividades permitida na fase 1

O Ministerio de Sanidade incluíu a caza e a pesca como actividades que se poden realizar na comunidades ou áreas sanitarias que están ou pasan á fase uno, así como a apertura dos locais de máis de 400 metros pero con espazo acoutado.

|

O Ministerio de Sanidade incluíu a caza e a pesca como actividades que se poden realizar na comunidades ou áreas sanitarias que están ou pasan á fase uno, así como a apertura dos locais de máis de 400 metros pero con espazo acoutado.


Cazador Nun Camiño Público



Así o explicou esta tarde nunha rolda de prensa en Moncloa na que o ministro de Sanidade, Salvador Illa, quen precisou que estes establecementos poderán abrir delimitando o espazo de atención ao público a 400 metros e cumprindo cunha serie de requisitos que se especificarán.


A posibilidade de practicar a caza e a pesca así como a apertura dos locais de máis de 400 metros eran dous das medidas que pedía en Galicia a Xunta.


En fase uno, segundo o avanzado por Illa, tamén se permitirá que as comunidades autónomas determinen a apertura dos centros de día para garantir a prestación do catálogo de servizos ou que valoren se é mellor prestalo doutra forma. Todo iso en función da situación sanitaria.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE