Desconfinamiento: Madrid e Barcelona quedan en fase 0, aínda que con algún alivio
A polémica pola permanencia da capital do Estado na fase máis dura da corentena prolongarase, polo menos, unha semana máis. A área metropolitana de Barcelona e moitas áras de Castela León, ningua limítrofe con Galicia, tamén continúan na fase 0, segundo anunciaron este venres Illa e Simón.
A polémica pola permanencia da capital do Estado na fase máis dura da corentena prolongarase, polo menos, unha semana máis. A área metropolitana de Barcelona e moitas áreas de Castela León, ningunha limítrofe con Galicia, tamén continúan na fase 0, segundo anunciaron este venres Illa e Simón.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou xunto ao doutor Fernando Simón, as zonas que esta semana poderán pasar de fase. "Todas as propostas foron analizadas conxuntamente por un equipo de expertos técnicos e en segundo lugar, en comisións bilaterais coas comunidades autónomas", sinalou Salvador Illa.
"Valoramos solicitudes de ata sete comunidades autónomas para pasar de fase 1", explicou Fernando Simón antes de anunciar as zonas que conseguiron superar a fase 0.
En Andalucía quedaban dúas provincias na fase 0. Con todo, o Goberno xa lles deu o visto e prace para progresar, polo que, a partir do seguinte luns, toda a comunidade autónoma estará en fase 1.
Castela-A Mancha tamén pasa ao completo a fase 1. A semana pasada o Goberno negoullo ás provincias de Toledo, Ciudad Real e Albacete, que quedaron na primeira fase. Con todo, tras facer os deberes, o conxunto da comunidade pasa de fase.
Castela e León está a desescalarse por zonas de saúde. Propuxeron 42 novas zonas básicas de saúde que se suman ás 26 que xa pasaran á fase 1, pero aínda queda unha gran parte do territorio que non progresa de fase.
Polo seu lado, a Comunitat Valenciana tamén conseguiu que todo o seu territorio pase a fase 1.
Respecto a Madrid e Catalunya ...
Escribe o teu comentario