Feijóo elixe xullo en contra dos líderes da oposición e dun dos informes da propia Xunta

O presidente da Xunta comunicou á oposición que o "máis seguro" para ir ás urnas en Galicia é o mes de xullo. Feijóo di que o avalan os informes sanitarios encargados polo Goberno, a pesar de que hai polo menos un dos catro que advirte dun rebrote de coronavirus ese mes.


|

O presidente da Xunta comunicou á oposición que o "máis seguro" para ir ás urnas en Galicia é o mes de xullo. Feijóo di que o avalan os informes sanitarios encargados polo Goberno, a pesar de que hai polo menos un dos catro que advirte dun rebrote de coronavirus ese mes. Non logrou convencer aos seus principais rivais. O PSOE o critifca por ter unha "axenda oculta" e romper o consenso do aprazamento.  En Común advirte que as eleccións serán sen "garantías sanitarias".  A o BNG parécelle que Feijóo volverá a calcar a data de Urkullu e  parécelle unha temeridade. O PPdeG, loxicamente, apoia a postura de Feijóo, como En Marea e C's. 



Caballero, Feiju00f3ou, Pontu00f3n e Gu00f3mez Reino nos instantes previos á reuniu00f3n deste xoves


Caballero, Feijóo, Pontón e Gómez Reino nos instantes previos á reunión deste xoves


No encontro, en todo caso, o líder do PP limitouse a "escoitar" e non deu por pechada unha data, aínda que as que teñen máis forza son o 12 ou o 19 de xullo, que son as xornadas que precisamente baralla o lehendakari Urkullu. En todas as súas convocatorias electorais, Feijóo sempre fixo votar aos galegos á vez que os vascos.

Das seis forzas que participaron no encontro --PPdeG, PSdeG, Galicia en Común-Anova Mareas, BNG, En Marea e Cidadáns (Cs)--, as máis significativas da oposición (PSdeG, En Común e BNG) están en desacordo con que os galegos voten en xullo.

FEIJÓO GARDA A súa ÚLTIMA CARTA
En Marea e Cs si apoian o horizonte exposto polo presidente, que trasladou, segundo asistentes ao encontro, que comunicará a súa decisión nun prazo breve.


En Marea apoiou que se celebren eleccións autonómicas no mes de xullo. Concretamente, a súa proposta é para o 19 dese mes, porque iso permitiría celebrar a campaña electoral na súa totalidade cando finalizase o período de desescalada, marcado polo Goberno central, pola crise do coronavirus. 


Cando se aprazaron as eleccións pola chegada do covid-19, Feijóo prometeu dialogar cos seus rivais para fixar unha nova data. O consenso daquela decisión parece imposible agora, visto o declarado tras a reunión polos diferentes actores.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE