Ferrol primeira área con menos de 100 casos activos de coronavirus, segundo as cifras do SERGAS


Datos moi esperanzadores hoxe os do SERGAS. As áreas galegas rexistran unha rebaixa de 309 casos activos de coronavirus en só 24 horas. A Coruña e Vigo, as dúas máis castigadas pola enfermidade durante a crise, son as que pegaron un bajón máis grande no último día, rebaixando máis de 70 casos nas dúas áreas. Aínda mellor é a evolución de Ferrol, a primeira área en deixar atrás as tres cifras: pasa de 107 casos activos a 87. 


|

Datos moi esperanzadores hoxe os do SERGAS. As áreas galegas rexistran unha rebaixa de 309 casos activos de coronavirus en só 24 horas. A Coruña e Vigo, as dúas máis castigadas pola enfermidade durante a crise, son as que pegaron un bajón máis grande no último día, rebaixando máis de 70 casos nas dúas áreas. Aínda mellor é a evolución de Ferrol, a primeira área en deixar atrás as tres cifras: pasa de 107 casos activos a 87. 




Isto, ademais, supón o segundo día consecutivo no que non se rexistra nin un só aumento no conxunto das áreas galegas. Desta forma, parece que a estabilidade chegou á comunidade de maneira definitiva, despois dunha semana pasada convulsa na que os datos do Servizo Galego de Saúde apuntaban unha escalada de novos casos nas áreas de Vigo e Santiago. Con todo, Santiago aínda ten 10 casos activos máis que o martes pasado.


VIGO 

No caso da área olívica, o aumento de novos casos debeuse, segundo a versión do SERGAS, a un "fallo informático", que unha semana despois aínda non parece corrixido nin indicado nas cifras oficiais que publica a Consellería.


Hoxe Vigo perde 71 casos con respecto a onte. En só 48 horas a área viguesa viu rebaixada a súa estatística en case 100 casos e ten os seus mellores niveis desde que se chegou ao pico.


COMPOSTELA

A outra área que espertaba preocupación era a compostelá. Na área da capital rexistrouse un aumento de casos a finais da semana pasada, que segundo a versión de a EOXI de Santiago debéronse a positivos detectados vía anticorpos, pero que despois deron negativo na proba PCR. O que indica que a persoa sufriu a enfermidade pero superouna, probablemente sen síntomas, polo que non sería contaxioso.  


Desde a xerencia de Santiago explícase que estes positivos de anticorpos súmanse ao cómputo global de casos activos que dá a Xunta. E aí parece que quedan, aínda que despois case todos eses casos activos descártense, ao dar negativo en PCR.  

 

Aténdonos aos datos do SERGAS, Santiago tamén ve aliviados os seus algarismos: 56 casos menos desde onte.  Con todo, os casos activos en Santiago son aínda 10 máis que o martes da semana pasada, produto dos repuntes recentes. Compostela é a única área que aínda ten máis casos activos que hai unha semana.


RESTO DE ÁREAS

A área de A Coruña é a que máis ten que celebrar esta xornada. Cunha redución de 76 casos nun só día, a área herculina dá un paso de xigante cara á súa recuperación. 


O mesmo que Ourense, a única de todas as áreas que non ha visto que as súas cifras aumentasen desde o cambio de metodoloxía: dúas semanas seguidas de descensos. Hoxe son 43 os banzos que baixa a área auriense. 


Pola súa banda, Lugo, Pontevedra e Ferrol seguen sendo as áreas con menos presenza da enfermidade e ningunha supera xa os 150 casos. Lugo é a terceira pola cola con 133 casos, 28 menos que onte, mentres Pontevedra só perde unha quincena de casos activos, aínda que está dez por baixo de Lugo no total.


Ferrol, cunha redución de 20 casos nas últimas 24 horas, convértese na primeira das áreas galegas en baixar dos 100 casos: hoxe hai 87 casos activos de coronavirus na área da cidade departamental 



O número de casos activos de coronavirus en Galicia este luns 11 de maio é de 2.631. Por áreas sanitarias, 606 pertencen á área de A Coruña, 161 de Lugo, 405 de Ourense, 138 de Pontevedra, 697 de Vigo, 517 de Santiago e 107 de Ferrol, segundo as cifras do SERGAS.


19Ngp coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (5)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE