11.000 máscaras celtistas para nenos de Vigo, cortesía do Celta e a Xunta

A Xunta e o Real Club Celta de Vigo entregarán 11.000 máscaras co escudo e as cores do equipo deportivo a nenos da cidade de modo gratuíto.

|

A Xunta e o Real Club Celta de Vigo entregarán 11.000 máscaras co escudo e as cores do equipo deportivo a nenos da cidade de modo gratuíto.


O director da Fundación Celta de Vigo e a delegada territorial do Goberno galego durante a presentación da iniciativa

Esta iniciativa foi presentada este martes na urbe olívica, onde a delegada territorial da Xunta, Corina Porro, detallou que o club deportivo e a Fundación Celta de Vigo facilitarán a tea coa que se confeccionará o material de protección.

Segundo recolleu o Goberno galego nun comunicado, a confección das máscaras será levada a cabo por 300 voluntarios que colaboran en distintas iniciativas solidarias promovidas pola Administración autonómica.



Así mesmo, Corina Porro puxo en valor a "implicación" e a "disposición" mostradas polo club deportivo en relación a este proxecto e precisou que as máscaras se repartirán na rede de farmacias da cidade e as súas parroquias a través de Cáritas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE