Excelentes noticias: só 3 novos hospitalizados en Galicia por coronavirus, a mellor cifra de toda a crise

Desde que o SERGAS empezou a dar datos todos os días, non se rexistraba un menor número de ingresos hospitalarios.Como excelente é a cifra de novos recuperados, 375, o mellor rexistro desde que a Xunta empezou a contar como manda o Ministerio.


|

Os temores a un posible repunte nalgunhas áreas de Galicia se disaparán se os datos continúan sendo tan bos como os de hoxe. Todos os indicadores desta xornada baixan, especialmente o de novos hospitalizados. O problema é que a pouco que ampliemos o foco, a ameaza dun repunte segue aí.


O acumulado de positivos elévase a 10.737, ao confirmarse onte 68 casos. 





HOSPITALIZADOS


Con todo, é moi pronto aínda para cantar vitoria sobre a primeira onda de COVID-19. Aínda a semana pasada a gráfica mostraba un claro repunte no número de hospitalizacións diarias. Foi tan significativo que, a pesar do excelente dato de hoxe, se calculamos a media móbil semanal, ese repunte aínda se aprecia: 




Con todo, a cifra de só tres novos hospitalizados onte é extrarodinaria. Desde que o SERGAS empezou a dar datos todos os días, non se rexistraba un menor número de ingresos hospitalarios.


Como excelente é a cifra de novos recuperados, 375, o mellor rexistro desde que a Xunta empezou a contar como manda o Ministerio.




POSITIVOS 


Da cifra de positivos de hoxe pódese dicir o mesmo que da cifra de hospitalizacións. O dato de hoxe é bo, pero non o suficiente para apreciar un cambio de tendencia xeral que apague de todo os temores a un repunte.


De feito, a media móbil a sete días segue dando valores superiores aos 100 casos confirmados diarios. Unha dato que indica que Galicia non conseguiu reducir o seu número de casos novos en  o que levamos de mes de maio.





A errática actualización de os datos de positivos por anticorpos dificulta moitísimo saber se pode haber un repunte de contagios. Por exemplo, onte a Xunta notificou 0 e hoxe de súpeto  57. Mala práctica da Consellería de Sanidade que debería acabarse xa, de cumprir o SERGAS con a nova obrigación de notificación diaria imposta hoxe polo Estado a través do BOE.


Fixándonos só na serie de positivos novos por PCR observamos unicamente once casos  hoxe, a menor cifra en todo maio. É unha magnífica noticia, porque en teoría xa se lle está facendo probas de PCR en pouco tempo a todos os galegos que mostran síntomas. 


Hai que lembrar que as probas PCR son as máis fiables e lentas. Permiten distinguir se unha persoa ten o virus activo. As probas de anticorpos son máis rápidas, pouco fiables e permiten saber se unha persoa nunca tivo o virus, pero non distinguir entre pacientes coa enfermidade e pacientes que xa a superaron.



UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS

Tras o susto de onte, cando se encadearon tres xornadas seguidas sen alivio nas UCIS, algo nunca visto, hoxe este indicador recupera a súa normalidade, que é dunha caída moi lenta.


Hai un paciente ingresado menos en coidados intensivos, 25 en total. Como o cómputo acumulado segue sendo o mesmo que onte, 326, isto indica que ningún enfermo de coronavirus ingresou nunha UCI galega en 24 horas, a primeira vez que pasa en todo maio.




FALECEMENTOS


Sexta xornada cosecutiva sen decesos en residencias de anciáns. Ou ben todos os maiores que evolucionan peor están a se levar a hospitais, algo que non sempre sucede, ou ben a crise sanitaria nestes centros está extinguiendose por fin.


En hospitais morreron onte dous pacientes, elevando a 595 o acumulado de falecidos en Galicia. 267 residentes ou traballadores de residencias faleceron, aproximadamente o 45% do total de óbitos.





DATOS A NIVEL DE ESPAÑA


Hai case 27.000 persoas que faleceron en España tras dar positivo en COVID-19 nunha proba PCR. Son 176 máis que onte, un lixeiro repunte sobre as cifrasa dos dous últimos días.




Tamién hai un mínimo repunte nas cifras de novos casos confrimados, o que vén sendo habitual todos os martes. Con todo, a tendencia xeral é boa, este martes por exemplo en España houbo uns 540 positivos menos que o martes da pasada semana.




A nivel interancional, España segue sendo o segundo estado con máis casos confirmados de COVID-19. Agora ben, todo parece indicar que Reino Unido e Rusia terán ao final máis casos que España, poida que tamén Brasil.







5uVD5 hospitalizados en galicia por coronavirus (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE