​Queremos Galego publica unha carta aberta ao escritor Carvalho Calero, homenaxeado no Día dás Letras

O seu portavoz, Marcos Maceira, asegurou que o próximo 17 de maio “a lingua galega non quedará confinada” e anima a compartir publicacións en redes sociais ese día coas etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego e #17demaio, especialmente nun momento no que a lingua vive unha situación tan delicada, como demostrou hai uns meses o Comité de Ministros do Consello de Europa, que puxo a súa lupa sobre o decreto do plurilingüismo vixente.


|

carta abertaDesde a plataforma, a través dunha carta asinada pola activista da lingua e profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro, renden unha homenaxe a unha das figuras máis influentes da literatura, a cultura e a lingua galega.


Ricardo Carvalho Calero



Aínda que a actualidade do coronavirus parece ensombrecer os actos programados para este 17 de maio, non son poucas as voces que reivindican a figura de Carvalho Calero, a persoa á que este ano se lle dedica o Día dás Letras en Galicia. A plataforma cidadá ‘Queremos Galego’ foi unha das últimas en render tributo por medio dunha carta aberta na que rememora os estudos e artigos do catedrático en Literatura e Lingüística galega cos que “analizou perfectamente a impostura radical da lexislación constitucional e estatutaria verbo da normalización necesaria da lingua”.


García Negro considera que ante isto hai que ter en conta os “anos e anos de incumprimento sistemático das cativas normas favorables ao uso social e público do galego”, o que non fan máis que poñer en valor a figura de Carvalho Calero, da que a profesora foi discípula.


Nesa liña, a escritora da carta lembra que nesta última década a lingua sufriu uns “escandalosos malos tratos” por parte das autoridades autonómicas. “Procedeuse directamente a lexislar na súa contra, a confinala aínda máis do que xa estaba, a fomentar descaradamente a españolización por todas as vías: ensino, medios de comunicación, sociedades públicas...", denuncia García Negro que a menta a “exclusión organizada” das administracións en favor da “indiscutida lingua oficial do Estado”.


A docente da UDC tamén lembra algunhas das grandes frases que deixou Carvalho Calero: “Hai que gañar ou recuperar para o uso normal do galego naqueles sectores sociais que  hoxe teñen como lingua normal o castelán”. Estas palabras lembran ao momento da constitución da Mesa pola Normalización, en abril de 1986. Agora, máis de 30 anos despois, García Negro deposita a súa confianza nos máis novos para a “digna perpetuación viva do noso idioma”.


“Somos galegas e galegos. A mellor forma de que esta condición se exteriorice, de que non se disimule, de que se admita coa necesaria naturalidade e orgullo, é a práctica da nosa lingua”, subliña a profesora.


ACTOS EN BALCÓNS O 17 DE MAIO

Desde a plataforma animan á cidadanía para manter as mobilizacións para o Día dás Letras “colgando de xanelas e balcóns a bandeira galega e carteis que reivindiquen a nosa lingua co lema ‘Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión’". Lemas que, doutra banda, pódense atopar na web de Queremos Galego.



O seu portavoz, Marcos Maceira, asegurou que o próximo 17 de maio “a lingua galega non quedará confinada” e anima a compartir publicacións en redes sociais ese día coas etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego e #17demaio, especialmente nun momento no que a lingua vive unha situación tan delicada, como demostrou hai uns meses o Comité de Ministros do Consello de Europa, que puxo a súa lupa sobre o decreto do plurilingüismo vixente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE