A prisión un lugués que leva xa fora arrestado 6 veces por saltarse a corentena

A Policía Nacional ha detido a un home de 36 anos veciño da cidade de Lugo, con seis arrestos anteriores por saltarse o confinamento establecido no estado de alarma pola crise sanitaria, cando realizaba un botellón con outros tres amigos. Este individuo, que tamén fora sancionado en tres ocasiones polos mesmos motivos, foi enviado a prisión.

|

Estaba de botellón con outras dúas persoas, que se marcharon cando foron advertidos pola Policía Nacional, pero el dixo que ía seguir de festa


A Policía Nacional ha detido a un home de 36 anos veciño da cidade de Lugo, con seis arrestos anteriores por saltarse o confinamento establecido no estado de alarma pola crise sanitaria, cando realizaba un botellón con outros tres amigos. Este individuo, que tamén fora sancionado en tres ocasiones polos mesmos motivos, foi enviado a prisión.


Comisaru00eda da Policu00eda Nacional en Lugo nunha imaxe de Google Street View

Comisaría da Policía Nacional en Lugo nunha imaxe de Google Street View 


Segundo informou a Policía Nacional, o pasado venres, cando a dotación da Unidade Adscrita da Policía Nacional realizaba funcións de control do cumprimento do estado de alarma, na confluencia de cálea Conde coa Rolda da Muralla, puido observar a tres homes que consumían bebidas alcohólicas no rellano dun portal.


DIXO QUE ÍA SEGUIR DE FESTA

Por iso advertíuselles de que esa conduta e a situación na que se atopaban, "sen protección, medidas de seguridade e sen manter as distancia requirida para evitar contagios", eran contrarias ao establecido na norma do estado de alarma.

Ante esta situación dúas deles marcháronse aos seus domicilios, mentres o terceiro manifestou que "seguía de festa e que ninguén lle tiña que dicir o que podía ou non facer", indicou a Policía.

Por iso, e ante os antecedentes do home, procedeuse á súa detención e traslado a dependencias da Policía Nacional na rúa Chantada, onde se elaborou o atestado.

Tras pasar ao dispor da autoridade xudicial o sábado xunto con todo o actuado, foi decretado o seu ingreso en prisión.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE