Falece na Fonsagrada un operario de 37 anos tras quedar atrapado baixo maquinaria

Un home de 37 anos (A.D.M) faleceu este sábado na Fonsagrada nun accidente laboral tras quedar atrapado baixo a máquina coa que traballaba.

|

Un home de 37 anos (A.D.M) faleceu este sábado na Fonsagrada nun accidente laboral tras quedar atrapado baixo a máquina coa que traballaba.


Ambulancia



Así o confirmaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, á vez que aseguraron que os servizos de emerxencias seguen na zona do accidente para tentar liberar o corpo do operario.

Segundo explicou o servizo de emerxencias 061, o suceso produciuse preto das 12,34 horas desta mañá no lugar de Vilarchao deste municipio lugués.

Ata alí desprazouse unha ambulancia asistencial de soporte vital básico de Urxencias Santiarias de Galicia e o persoal do Punto de Atención Continuada da Fonsagrada.

Ademais, o 112 alertou aos Bombeiros de Sarria, que tentan liberar á vítima, e aos efectivos de Protección Civil do municipio e á Gorida Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE