Temor que Alcoa San Cibrao estea a preparar o peche ou despedimentos tras ordenar parar cubas

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), mostrou o seu rexeitamento á medida anunciada pola empres de parar as cubas que cheguen ao final da súa vida útil sen realizarlles o rebrascaje para o seu posterior arranque.

|

Parar unha cuba dunha fábrica de aluminio implica un enorme gasto se se quere reactivar despois. Por iso o último anuncio da multinacional está a desatar todas as alarmas na Mariña.


O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Cervo (Lugo), mostrou o seu rexeitamento á medida anunciada pola empres de parar as cubas que cheguen ao final da súa vida útil sen realizarlles o rebrascaxe para o seu posterior arranque.


Recurso de aluminio de Alcoa

En Cervo fabrícase tanto a alúmina, un material primario, como o aluminio final. O peche de cubas, que era o que tiña Alcoa en Avilés e Coruña, supoñería o fin do proceso de transformación en San Cibrao

 

Nun comunicado, pediu que a compañía "paralice a medida de inmediato", unha reunión urxente coa Mesa Multilateral de Alcoa en San Cibrao e unha reunión coa Xunta.

O comité traslada o seu apoio aos traballadores afectados, así como a súa "total repulsa" cara a unha medida que consideran "arbitraria" e que, ao seu modo de ver, está interesada na procura, "aos poucos", da "paralización da compañía".

Por outra banda, abordan diversas actuacións fronte á crise do coronavirus. Por exemplo, remarcan que a empresa manteñen polo momento a súa postura de "non realizar os test" e tampouco se contempla por parte da dirección a adquisición dunha cabina de desinfección para os traballadores á saída da fábrica.

OUTRAS CUESTIÓNS
A empresa, engade o comité, "denia a prórroga do XVI Convenio nas mesmas condicións pactadas ata 2019", así como o contrato de substitución ata xuño de 2021.

Tamén se dá por "denegada" a solicitude para incluír en persoal, a través de contrato indefinido, ao persoal temporal. E apúntase que os trabajdores de Alúmina que temporalmente realizaban a súa xornada en quendas de mañá e tarde volverán á xornada normal actual.

O comité concretou que se solicita que aqueles que "voluntariamente" o pidan poidan optar á xornada pactada no conveno con saída ás 14,00 horas dos venres.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE