A Deputación de Lugo libera fondos do Plan Único para que os concellos loiten contra o coronavirus
O presidente da Deputación de Lugo reacciona ás acusacións lanzadas polo PP. José Tomei (PSOE) informa os alcaldes que si poderán dedicar os fondos do Plan Único de Cooperación a "calquera tipo de acción relacionada coa crise sanitaria do Covid-19".

José Tomei
O alcalde acusa o seu rival político, Jaime Castiñeira, de difundir "información falsa", ao poñer en cuestión o destino deses fondos. "Os concellos quedan liberados de destinar o 50% do Plan Único a investimentos, insiste Tomei.
O Plan Único é unha das principais ferramentas financeiras da provincia. Ten unha dotación de máis de 20 millóns, que constitúen boa parte do diñeiro para investimentos do que dispoñen os municipios, sobre todo os máis pequenos.
Escribe o teu comentario