As máscaras defectuosas retiradas pola Xunta poden ser a causa de contagios de coronavirus entre sanitarios do CHUO

Profesionais do sector sanitario denuncian a Galiciapress a súa indefensión nestes momentos despois da retirada de 82.000 máscaras defectuosas que foran proporcionadas polo Goberno de España. Ademais, expoñen as súas dúbidas pola fiabilidade dos test aos que foron sometidos. 


|

Profesionais do sector sanitario denuncian a Galiciapress a súa indefensión nestes momentos despois da retirada de 82.000 máscaras defectuosas que foran proporcionadas polo Goberno de España. Ademais, expoñen as súas dúbidas pola fiabilidade dos test aos que foron sometidos.


Máscara retirada

Máscaras da marca 'Garry Galaxy' retiradas por ser defectuosas


Traballadores de enfermería do CHUO pertencentes ao servizo de Urxencias denuncian a este medio que as máscaras da marca retirada pola administración pública utilizáronse entre os profesionais sanitarios desde o principio, pero que nos últimos días “xa só había de esas”.


A parte de filtrar caen das orellas e cobren moi pouco a cara”, critican, á vez que advirten que a noite do 17 de abril aínda seguían traballando con esas máscaras e que desde a dirección do CHUO non comunicaron aos traballadores a situación dos lotes defectuosos. “O delito da xerencia e a Xunta é non comunicárnolo”.


Motivados pola denuncia dos sindicatos e tras retirar o material defectuoso, desde a xerencia ourensá fixeron “test aleatorios entre o persoal en contacto con pacientes de coronavirus”. “Algún test deu positivo”, admite a fonte consultada, aínda que recalca que a maioría dos profesionais sometidos ao test deron negativo. Con todo, e á vista do ocorrido, pon en dúbida a fiabilidade do propios test “de dobre banda” utilizados, algo que tamén expuxeron desde CSIF.


Doutra banda, desde o complexo da cidade auriense sinalan que desde a xerencia había orde aos traballadores ao principio de non usar as máscaras “en lugares de non atención ao paciente”, por exemplo corredores, algo que provocou “chamadas de atención a varias traballadoras e supervisoras” do servizo de Urxencias. A continuación, reclaman máis material de protección. “Os recursos de seguridade son insuficientes. Sempre temos que estar aos pedir”, lamentan.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE