Bugallo cre que hai razóns para intervir DomusVi San Lázaro, con 18 falecidos e 82 positivos, pero indica que deben decidir os médicos

Recoñece que a situación da DomusVi de Compostela xustificaría unha intervención da Xunta, pero confía no "criterio" dos sanitarios

|

Este centro da multinacional francesa en Compostela acumula aproximadamente máis de a metade das mortes por coronavirus da capital de Galicia. As súas dúas residencias de Cangas e Vigo levan semanas intervidas. "Se o Sergas entende que as medidas adoptadas son a solución idónea,  respectaremos o criterio dos profesionais", razoa o alcalde de Santiago que, en todo caso, entende que hai motivos suficientes para que a Xunta tome as rendas, como levan tempo pedindo numerosos familiares e algúns partidos políticos.


DomusVi San Lu00e1zaro en Santiago




A reflexión é "inevitable". As cifras de vítimas e afectados pola COVID-19 nas residencias da terceira idade obrigará á sociedade e ás institucións para "reformularse moitas cuestións" en relación a estes centros no futuro, ou polo menos iso é no que confía o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.


Nunha comparecencia telemática para tratar os últimos asuntos da xunta de goberno local o rexedor aproveitou a intervención para opinar sobre as consecuencias que está a ter a crise sanitaria e, en especial, sobre a situación na que se atopan os anciáns das residencias de maiores.

Os POSITIVOS FORON TRASLADADOS
No caso de Santiago, a DomusVi San Lázaron conta con 156 internos dos 82 deron positivo, e 18 faleceron. A maior parte dos infectados foi trasladada á residencia Porta do Camiño, onde están a recibir unha "supervisión constante, continua e diaria" por parte dos servizos do Sergas.

Estas circunstancias, en resposta a unha pregunta formulada polos medios, poderían "xustificar perfectamente" unha intervención por parte da Xunta de Galicia, pero Bugallo insistiu en respectar "o criterio dos profesionais" e as medidas que se están tomando, tanto no relativo ao traslado dos positivos como as accións para garantir a atención dos residentes.

POR ENCIMA DA MEDIA ESTATAL DE FALECIDOS EN RESIDENCIAS
A pesar diso recoñeceu "toda a preocupación do mundo" por este centro, debido a que aglutinou "a maior concentración de defuncións e de infeccións" que se produciu en Santiago. "Espero que de lugar a reflexións no seu caso e ás medidas que corresponda adoptar respecto a esa xestión", advertiu.

Unha reflexión "inevitable" que estendeu tanto ao conxunto da comunidade autónoma como a todo o Estado, onde "a metade" das cifras de falecidos correspóndese con persoas ingresadas en residencias da terceira idade.

"No caso de Santiago, cúmprese a media e estase por encima desa media", recoñeceu, aínda que isto "afortunadamente" non ocorreu no resto de centros de maiores do municipio, onde "hai unha diferenza enorme".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE