Oito residencias de maiores pontevedresas serán desinfectadas hoxe pola Brilat

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa 'Operación Balmis' en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada dedicarase a labores de desinfección ata en oito residencias da provincia de Pontevedra.

|

A unidade do Exército de Terra Brilat continúa coa 'Operación Balmis' en diferentes puntos do territorio galego. Durante esta xornada dedicarase a labores de desinfección ata en oito residencias da provincia de Pontevedra.


Desinfecciu00f3n



As actuacións levarán a cabo polos equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) na Residencia Sariva Senior (Pontevedra), Soremay (Pontevedra), Vivenda comunitaria Virxe do Rocío I e II (Redondela), Cesantes (Redondela), Ximará (Salceda de Caselas), Fogar Residencial Xardín Castro de Lareira (Salceda de Caselas), Vivenda comunitaria A Palmeira 3 e 4 (Vigo) e residencia Angélicas (Vigo).

Este tipo de instalacións convertéronse nos grandes focos de contaxio para a poboación galega máis vulnerable, os anciáns. Por este motivo, traballarase na desinfección destes centros ao longo do día.


Ademais, as mesmas labores desenvolveranse na Estación Tren e Autobuses de Xixón, as principais rúas do municipio asturiano de Llanera e a residencia María Dolores en Pozoantiguo (Zamora).


MISIÓNS DE PRESENZA

Por outra banda, o Exército de Terra realizará misións de presenza e recoñecemento nos municipios coruñeses de Rianxo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro; así como nos asturianos de San Martin do Rey Aurelio, Oviedo e Langreo. Tamén estarán en Valladolid.


Alí tratarán de "recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz" con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade.

Segundo informou esta unidade, estas accións buscan "facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo estado de alarma nas zonas de especial risco para o contaxio".

Todas estas actividades, así como o control fronteirizo, realízanse no marco da operación que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE