Boas noticias: o coronavirus retrocede tanto nas UCIs como nos novos casos diarios

Moi boas noticias sobre os pacientes nas UCIs do SERGAS. Por cuarto día consecutivo, non ascende o cómputo total.


|

Os indicadores diarios de ingresos na UCI e de casos detectados confirman que Galicia pode estar por fin gañando a primeira batalla ao COVID-19. Sobre todo, porque parece que o SERGAS esquivará calquera colapso.


Os datos de novos casos de coronavirus en Galicia son moi esperanzadores, polo menos hoxe. Desde o 21 de marzo non se contabilizan tan poucos positivos nun día.





Moi boas noticias tamén sobre os pacientes nas UCIs do SERGAS. Por cuarto día consecutivo, non ascende o cómputo total.





Dado que o SERGAS di ter unhas 274 prazas, sobre o 62% estaría ocupada por pacientes de COVID-19. De manterse así, Galicia esquivará o temido colapso de coidados intensivos. Tampouco parece probable que se necesiten os hospitais de campaña anunciados pola Xunta.



A freada tamén se aprecia cada vez máis na gráfica logarítimica de novos casos, que tende progresivamente a ser horizontal. Isto indica que o virus está a tardar cada vez máis en contaxiar ao mesmo número de persoas. Tanto nos datos de Galicia como nos de Madrid e España consolídase esta tendencia:



Mesmo na gráfica que conta as cifras absolutas de contaxiados a desaceleración é visible a primeira ollada:



O ritmo de incremento diario do total de casos segue descendendo. Fai sete días que non escala:


 


Así as cousas, o peor seguen sendo os datos de falecidos. Galicia parece estabilizada en ao redor duns 15 - 20 por día, con tendencia levemente á baixa:




A gráfica de mortos en España tampouco baixa tan rápido como sería desexable. De feito, hoxe sobe respecto ao luns, aínda que non aos niveis da semana pasada. Isto pode ser indicativo que os datos do luns seguen sendo nesgados, pois unha e outra vez son máis esperanzadores que os do martes. O que á súa vez suxire que, un mes despois do inicio da crise, as autoridades sanitarias seguen sen ser capaces de comunicar unhas cifras diarias fiables de todo.




O repunte de hoxe e a esaxerada caída de onte tamén se ve na gráfica estatal de casos novos:




A nivel internacional, o número de falecidos pola pandemia parece que segue acelerando tanto en Estados Unidos como no Reino Unido:







Iz1Dg pacientes de coronavirus ingresados en ucis de galicia (4)


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE